sábado, 3 de marzo de 2018

Novos pasiños na historia do Noitebra Fútbol Club: nova directiva e camiño cara novas seccións deportivas e nova sede social oficial

Pois tiña que ser na tempada na que o club vai camiño de cumplir a maioría de idade na que por primeira vez contaremos con presenza feminina na Xunta Directiva do Noitebra F.C., nun ano no que ademais se esperan novidades en forma de ampliación de seccións deportivas, como serán a de Tríatlon e a de Montañismo, que se suman ás xa activas de Atletismo e Ciclismo, e as non activas de Fútbol e Surf, e tamén co cambio oficial de domicilio social para Angrois.

Esta nova andaina, chea de novidades, vén a confirmar ao xa electo presidente Manolo Moure, que contará cunha grande referencia como apoio como é Aurea Retamal na vicepresidencia primeira. E por seguir destacando o papel que se lle quere dar á muller no Club, Maite Couto tamén se incorpora como vogal.

Así mesmo, amigos xa veteráns no club, como Carlos Buján (vicepresidente-cuarto) e Dani Becerra (vogal), xunto outros non tan veteráns, como Martin Rozas (vicepresidente-quinto), incorpóranse á esta directiva con ilusión.

Sen olvidar aos que continuan, Jorge Cela, Martin Rey, Miguel A. Nogueira, Fleky Rodríguez, Jose Iglesias e, por suposto, Pepe Bermúdez, ex-presidente e referencia dende sempre no Noitebra, que pasará a ocupar a vicepresidencia segunda.

Na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o 2 de marzo de 2018, aprobaríase, polo tanto, a seguinte composición da directiva do Noitebra F.C.



Presidente:
Manuel Moure Sande

Vicepresidenta-Atletismo:
Aurea Retamal Muñiz

Secretetario:
Martín E. Rodríguez Gómez

Tesoureiro:
Miguel A. Nogueira Pérez

Vicepresidente segundo-Fútbol:
José Ramón Bermúdez Bobillo

Vicepresidente terceiro-Ciclismo
Jorge Cela Yagüe

Vicepresidente cuarto-Tríatlon:
J. Carlos Buján Otero 

Vicepresidente quinto-Montañismo:
Martín Rozas Ramos

Vocais:
Martín Rey Caneda
José M. Iglesias Torres
Daniel Becerra Rodríguez
María Teresa Couto Mendoza
 

luns, 25 de decembro de 2017

Pechando o 2017 no Noitebra F.C.

E outro ano que deixamos atrás cheo de actividade no Noitebra FC.

Como afirmou o noso Presidente na súa mensaxe de nadal, encaramos una nova tempada na que dicimos adeus aos que se foron, recibimos con alegría aos que veñen, e agradecemos a continuidade dos que xa levan tempiño connosco.


A sección de atletismo, una vez máis, multiplicaría a súa participación en carreiras e campionatos, levando bos botíns a xeito de trofeos, medallas e sobre todo de ledicia, en espacial coas nosas carreiras en Compostela.
Con novos proxectos xa en marcha , reforzando a sección feminina, acollendo máis rapaces nas categorías escolares, e sobre todo seguindo coa esencia de sempre, propia dun grupo de amigos e amigas que procuran no atletismo un divertimento, sobre todo no coa súa práctica e posta decidida polos eventos de Santiago e comarca.



Tamén remata una tempada ben viva na sección de ciclismo, abarcando máis competicións e novas aventuras fóra de Galicia. En especial este ano que remata, foi a realización e participación en actividades de irmandade con colegas e clubs doutros lares lonxanos á Compostela. Quedan aquí novos retos pendentes, na procura sempre de emocións fortes no monte ou na estrada.

So nos queda felicitar as festas e o novo ano a todos os noitebros e noitebras, así como aos seus simpatizantes.

Vémonos nas carreiras, xa sexa a pé ou na bici ;)

Instagram

Patrocinadores

Colaboradores

Arquivo