martes, 31 de maio de 2011

Atletismo: Carreira Solidaria de Santiago 2011

O pasado sábado o Noitebra tiña una cita na Carreira Solidaria de Santiago, que dende o ano pasado se celebra na residencia do Campus Sur (agora Campus Vida). Este ano o recadado (1.400 €) iría a para á Cociña Económica, tan necesitada nestes tempos de crise.
Foto grazas a tarzan
Foto garzas a tarzan
Fran, Shaila, Carlos, Óscar, Pepe, Puri, Moisés e Miguel serían os representantes do nosos club no evento, sendo baixas J. Ramón e Manolo. Entre o público estaría animándonos Félix, en proceso de recuperación dunha lesión. Tamén podemos destacar a volta ás carreira do noso amigo Fleky, que xunto ao coñecido piloto José Luis Abadín, compartiron co noso equipo a pre e post-carreira.

En canto á carreira, pois dicir que foi unha tarde case infernal polo tremendísimo calor que facía no campus ás 17.30 h., hora da carreira absoluta. Pero antes xa competiría Moisés na categoría cadete, conseguindo o triunfo nun percorrido ao redor da zona das residencias e pistas de tenis, para un completar pouco menos de 2,5 km (dúas voltas ao circuíto). O percorrido dos maiores sería polo mesmo circuíto, pero con catro voltas ata completar algo máis de 4,7 km. A dificultade principal, ademais do insoportable bochorno, a subida da piscina universitaria e a subida do Sanatorio da Esperanza.


Foto grazas a tarzan
Sairíase xa a fume de carozo dende case o primeiro momento, e logo o clima iría pasando factura, sendo moi difícil ir a un ritmo que non asfixiara. En canto aos nosos, boa carreira de Carlos e Óscar, que coma o resto dos mortais, acusaron o calor como ben se aprecia nas diferentes fotos publicadas. Carreira de poder a poder entre Fran e Pepe, que chegaron case xunto á meta.


Fotos garzas a tarzan

 
Foto grazas a tarzan

En canto ás rapazas, cremos que, a pesar do indicado na clasificación oficial (cunha erro nas categorías) Shaila rematou na 2ª posición na súa categoría real, e que Puri sería 3ª na súa. Éxito total polo tanto unha semana máis.





Foto grazas a tarzan
 En definitiva, unha vez máis felicitar aos organizadores e colaboradores (Delegación de Atletismo, o internacional Pedro Nimo, USC...) por realizar esta carreira na nosa cidade e axudar a recadar fondos pola causa,a demais de darnos a oportunidade de pasar un rato agradable con todos os amigos/as das carreiras populares.

Fotos grazas a tarzan
  
Foto grazas a tarzan
Clasificacións

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo