mércores, 18 de maio de 2011

Atletismo: VIII Carreira Popular Virxe da Guía

Novo dobrete dos atletas do Noitebra no día das Letras Galegas na VIII Carreira Popular Virxe da Guía.


Foto grazas a Marinela
Foto grazas a Marinela


Se na anterior ocasión os trofeos caeran en O Pino por medio de Shaila e Moisés, nesta ocasión repetía Shaila, pero co 2º posto na categoría, e Pepe co 3º posto na súa categoría.




 
  
Foto grazas a Marinela
Xunto a eles participaron Fran, J. Ramón, Nacho, Moisés (que correría cos maiores), Miguel e a debutante Purificación (irmá de Pepe, que vén a reforzar a sección feminina). Foi baixa Manolo.
A carreira xa é ben coñecida polo noso club, xa que foi unha das primeiras populares nas que participamos (da man de Fleky, baixa este ano por lesión). 
 
Percorrido

O lugar, Carreira, en Riveira, cunha distancia curta (5,1 km), e polo tanto rápida (saída a saco), pero dura polo perfil e chegada final con case 1 km de subida (as fotos finais reflicten ben o esforzo dos/as corredores/as).
Perfil
  
Foto grazas a Marinela
Como anticipamos, resultados moi positivos para todos en xeral nun bo día para competir no referente ao clima, e con sensacional trato aos participantes por parte da organización, avituallamento, e saída falsa/nula incluída (pra matarnos todos alí).

  


Tira de fotos grazas a Marinela

 


En definitiva, carreira que para nós ten un encanto especial, e agora máis cos triunfos dos nosos conseguidos esta tempada.

Clasificación

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo