xoves, 14 de xullo de 2011

Atletismo: Trail Mar e Monte 11

O pasado sábado pola mañá Nacho, acompañado por Fleky, representounos no Trail Mar e Monte 11 celebrado en Porto do Son. 
Foto da saída grazas á organización



Percorrido

A proba, duns 10,5 km de distancia, tiña un percorrido variado por zonas de monte e costa, resultándolle moi atractiva aos cerca de 100 participantes da mesma.



  
Perfil
O noso atleta realizou un tempo algo por riba dos 59 minutos, gozando da paisaxe do circuito, e sen dúbida nos recomenda e anima a participar na vindeira edición.

Ao final avituallamento a base de bocadillos e moi bo trato por parte da organización e veciños do lugar, como adoita a ser habitual nestes lares.
Foto grazas a juan


Máis fotos da carreira aquí

Instagram

Patrocinadores

Arquivo