luns, 1 de agosto de 2011

Atletismo: Cross Popular de Cabanas

O domingo pasado tivemos representación do equipo no Cross Popular de Cabanas. Por alí estivo J. Ramón, nunha proba que transcorre polo piñeiral da praia cun percorrido case chan duns 8 km de terra, area dura, madeira e herba.

Foto grazas a mayucoria
 
Percorrido
Boa participación e día moi propicio para competir e logo aproveitar o feito de ter a praia a uns metros.

O noso atleta rematou sobre o posto 51. A carreira absoluta masculina sería gañada por Pena Holguín. 

Valoracións positivas da carreira, e mellores do lugar, con algunha que outra discrepancia na clasificación das mulleres, pero en xeral bo sabor de boca en todos os participantes.

 



Clasificación
Cando se publique

Foto grazas ao C.A. Ria de Ferrol



Instagram

Patrocinadores

Arquivo