martes, 23 de agosto de 2011

Atletismo: IV Carreira de San Xián de Artes, Ribeira

Os nosos atletas non paran!!! O domingo seguinte pola maña achegáronse ata Ribeira para participar na IV Carreira de San Xián de Artes, a carreira do demo. Nun día de tremendo bochorno tormentoso, por alí dobraron Pepe, J. Ramón, Mallo e Miguel, acompañados de “Liñares”, Fran, Shaila, Moisés e Belén, nova incorporación para a sección feminina. A carreira de Artes forma parte do Circuíto de Carreiras de Ribeira, que terá o seu fin coa Carreira de Santa Uxía o 10 de setembro.

Shaila e Fran por tando os trofeos logrados en Artes

Percorrido
 
En canto ao percorrido, pois un subir e baixar constantes, polo que e das clásicas rompepernas, que sumado ao bochorno parecía que estivésemos no propio inferno. De feito vimos ao demo por alí. A distancia oficial, evidentemente 6.666 metros. 
Perfil







  Fotos grazas a tarzan


J. Ramón a tope
Chegada  a meta de Fran


"Shailiña" chegando







Pepe estoupado non puido con Fran












Foto grazas a tarzan

Despois de vaivéns na hora de inicio, saímos a fume de carozo detrás de cracks como Nimo (vencedor) Akka, Hurtado, Platas... as Pedrosa, Mayobre... así que “algo” de nivel había para ser verán.





Foto de Mallo grazas a tarzan
Nos nosos cabe destacar o éxito acadado por Shaila, a pesar de andar lesionada, e J. Ramón que subiron ao podio en 3º lugar en cadansúa categoría. Felicitacións!!! Pode dicirse que os atletas do Noitebra fixeron o seu particular agosto nesta fin de semana. Tamén destacar o bo papel de “Liñares” que logrou marca persoal, froito dos seus últimos adestramentos en altura no Milladoiro. Salientar que Moisés fixo moi bo papel correndo cos maiores.
  


No podio

Shaila entre a élite
Fran co trofeo de J. Ramón

 
  








Foto grazas a xandra


En canto ao circuíto de Ribeira, Shaila e Miguel, en 4º lugar ambos, terán en Santa Uxía a difícil tarefa de achegarse ao 3º posto de honra.
Máis abaixo podedes consultar as clasificacións nesta carreira así como as puntuacións e postos no circuito de carreiras de Ribeira na categoría masculina e feminina.





Foto de Belén grazas a xandra
Foto grazas a xandra


Felicitacións á organización polo esforzo realizado nestas datas para montar este evento e darnos a oportunidade de saciar o noso vicio de correr por Galicia adiante.



Os nosos:
 

Instagram

Patrocinadores

Arquivo