martes, 23 de agosto de 2011

Atletismo: XX Carreira das Areas, Carnota


O pasado sábado pola mañá os atletas noitebros achegáronse ata Carnota para participar na XX Carreira das Areas. Sen dúbida esta é una carreira diferente e das que se di única ao celebrarse pola area dunha praia tan fermosa como a do lugar.

Foto grazas a tarzan

Foto de Víctor, grazas a tarzan


Ampla presenza dos nosos. Estiveron algúns dos que serán novos fichaxes da nova tempada: Víctor, Mallo, Manel; e os xa habituais Pepe, J. Ramón, Puri e Miguel.

 
Foto de Manel, grazas a tarzan
  

O percorrido, de 8 km,  como se anticipou, tiña lugar case o 100% por area dura, con algúns tramos de pasarela de madeira e outros de area seca. 


 

 
Percorrido
Este ano quizais a dureza foi maior, xa que había tramos de area blandengue ao facer pouco que baixara a marea; ademais o xiro (ou “emboscada”) da última baliza sobre area seca era máis amplo e complicado que na pasada edición. Así se reflectía na cara de sufrimento de todos/as camiño da meta, aínda que logo o bo día que quedaba e o ambiente facían esquecer a agonía final. 


Perfil

Mallo con Bernal, grazas a tarzan
 En canto a participación, este ano houbo máis xente e de maior nivel que na pasada edición, pero aínda así non marchamos de baleiro e grazas aos irmáns Bermúdez conseguimos subir ao podio: Puri 1º posto na categoría e Pepe 3º na súa. Felicitacións!!! Ademais compartimos con Jesús Bernal a celebración da súa carreira número 1000, todo un logro.




Fotos grazas a tarzan
  
 










Bonitas vistas ao fondo

 
Felicitacións tamén para a organización por permitirnos gozar desta proba tan especial. Seguirá marcada no noso calendario da tempada.





   
Clasificacións


Os nosos:

Instagram

Patrocinadores

Arquivo