domingo, 11 de setembro de 2011

Atletismo: XIV Carreira de Santa Uxía de Ribeira


A tarde do sábado o Noitebra pechou a súa participación no IV Circuíto de Carreiras de Ribeira coa disputa da XIV Carreira de Santa Uxía.


  
Percorrido
Nutrida representación dos nos@s con Shaila, Puri, Fran, Pepe, J. Ramón, Nacho, J. Manuel, Manel e Miguel. A tarde presentábase de bochorno para afrontar os 10 km (sobre 9.700 m. reais) por un percorrido de tres voltas a un circuíto urbano practicamente chan por Ribeira.

Nomes destacados, como Platas, Hassan (gañador), Akka, Solange Pereira (gañadora), Mayobre, Pedrosa... nunha carreira de sorprendente baixa participación a pesar de ser gratuíta e fenomenalmente organizada (preparación do percorrido, agasallos, avituallamento, etc.).

Perfil
Foto grazas a sochas
Falando xa dos nosos resultados, a gran triunfadora foi Shaila, que fixo duplo con dous terceiros postos: un na súa categoría e outro no circuíto de carreiras. Neste último caso, sendo ben merecido, facilitouno a lesión a semana anterior da estradense Isabel Batallán, que fracturou un óso do pé, e dende aquí esperamos que se recupere pronto. Así é o deporte, e neste caso a sorte estivo da parte de Shaila que tivo constancia e devoción polo circuíto, a pesar de levar moito tempo arrastrando unha lesión. Agora ten ben merecido un longo descanso para recuperarse e poñerse pronto a tope.

Foto grazas a sochas
Impresionante resultado de Fran, Pepe e Abel, facendo moi boa marca a pesar de non ser un 10.000 real, e no caso dos dous últimos, 2º e 3º respectivamente na súa categoría. Non esquecemos a progresión de J. Manuel, que se atopaba moi satisfeito co seu resultado, así como Nacho (listo a xa para o relevo do maratón), e Puri, 4ª na categoría, cedendo o 3º posto por uns segundos.

A nota agridoce tivérona Manel, con abandono por non atoparse ben, e Miguel, que a pesar de quedar por diante do 3º clasificado no circuíto de carreiras, non lle foi suficiente para quitarlle o posto global, rematando no 4º posto desta clasificación e cun tempo discreto na carreira despois de saír a tope na primeira volta.

Fotos grazas a sochas 







Podemos destacar pois como histórica a tarde do sábado, que será difícil de superar a curto prazo. Forza Noitebra!!!

 

Felicitar unha vez máis á organización da carreira e aos responsables do circuíto de carreiras, polos agasallos ao completalo (Shaila, Miguel, Fran, Pepe, Nacho), e en xeral polo seu esforzo e dedicación por manter este tipo de eventos de incalculable valor social e deportivo. Sen dúbida, repetiremos o próximo ano.

Clasificacións

Os nosos

 

Instagram

Patrocinadores

Arquivo