martes, 27 de setembro de 2011

Atletismo: XIV Carreira Popular Concello de Arteixo

O pasado domingo tivemos representación na XIV Carreira Popular Concello de Arteixo
Foto grazas a tarzan
Percorrido grazas a flip

Neste caso foi J. Ramón, que participou nesta carreira de algo menos de 12 km (uns 11.800 metros), de perfil con lixeiras subidas e baixadas.
Perfil grazas a flip
 








A organización do evento recibiu moi boas valoracións en todas as súas dimensións, destacando a gratuidade da mesma. Non é de estrañar por tanto a alta participación de atletas na mesma (remataron máis de 360 persoas).

En canto ao noso compañeiro, realizou una boa carreira, rematando no posto 54 da xeral e 6º na súa categoría, empregando un tempo de 48:22, cun promedio real de 4:06 o km.

En definitiva, carreira moi recomendable e a ter en conta en vindeiras edicións.

Clasificación
Oficial aquí

Máis fotos no foro de Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo