martes, 6 de setembro de 2011

Atletismo: XV Carreira Pedestre Popular de Noia

O sábado pola tarde os nosos atletas tamén representaron ao Noitebra na XV Carreira Pedestre Popular de Noia. Neste caso foron Pepe e Puri os que competiron, con Fran e Shaila animando dende o público.

Foto grazas a Fran

Foto grazas a Fran


A carreira, de 10 km longos (para uns 10.100 metros, para outros 10.400 metros) tivo unha boa participación nunha boa tarde para correr.





 
Foto grazas a Fran

Nesta ocasión témonos que congratular polo 2ª posto de Puri na súa categoría, que lle serviu para conseguir a 1ª premiación na mesma ao non ser os premios acumulativos entre os gañadores absolutos. Tamén destacar o 4º posto de Pepe na súa categoría, cun tempo moi próximo aos 40 minutos.




Boa carreira pois, aínda que moitos participantes quedaron algo descontentos porque a pesar de ter pagado inscrición quedaron sen camiseta de agasallo nin houbo un bo avituallamento final.

Clasificación
Oficial aquí

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo