luns, 14 de novembro de 2011

Atletismo: 47 Behobia-San Sebastián

O domingo tamén tivemos representación na 47 Behobia-San Sebastián. Por alá estiveron competindo J. Manuel e Raúl.
Fonte: diariovasco.com

 
Pouco hai que dicir desta careira. Para quen non a coñeza, son 20 km bastante duros que parten de Behobia (Irún) e remata en San Sebastián. Isto non di nada especial desta carreira se non se menciona que completaron oficialmente o percorrido 19.675 persoas, polo que estamos ante una proba multitudinaria equiparable á maratón de Berlín en canto a participación. Ademais, ambiente fenomenal e festivo, habitual neste tipo de carreiras, onde é máis importante completala que a marca realizada.

Fonte: blog gacelasdemadrid
Como dicimos o perfil da carreira é unha constante de subidas e baixadas, con tres subidas importantes: Gantxurizketa, Puerto de Pasajes e subida a Mirakruz. Normal entón que moita xente chegase en malas condicións á meta, especialmente se se optou por debutar no running nesta proba ou se puxo un obxectivo moi ambicioso.

Os nosos cumpriron cadanseu obxectivo: Raúl fixo a carreira no tempo que viña preparando dende hai tempo, e iso a pesar do catarro que tivo nos últimos días. J. Manuel (Mallo), enfrontouse no só á distancia, na cal apenas tiña experiencia, senón que tamén catou a dureza dun perfil deste tipo, rematando con éxito a proba. Felicidades aos dous!!!

Xa só queda recibilos con entusiasmo cando nos atopemos con eles nos adestramentos.

Calsificacións:
Oficial aquí

Os nosos

Fotos da carreira no diariovasco.com
Vídeos da chegada en corriendovoy.com

Web Behobia 2011

Patrocinadores

Arquivo