lunes 28 de noviembre de 2011

Atletismo: XV Media Maratón de Betanzos

O domingo participamos na XV Media Maratón Volta á Ría de Betanzos, que unha vez máis deixounos un grande sabor de boca a pesar do seu duro perfil. Repetiron do ano pasado Pepe e Miguel, e debutaron na proba Raúl, Fran e Fernando.
Foto grazas a maridopi
Foto grazas a maridopi
Esta proba apiques estivo de non se celebrar este ano polos xa omnipresentes problemas económicos, que tamén afectan ao deporte popular, pero grazas ao Club Atletismo As Mariñas puidemos gozar/sufrir uno máis desta carreira, cun gran tirón popular, que mesmo tivo que limitar a súa inscrición a última hora para evitar complicacións organizativas (co consecuente cacao que se montou nos días previos).

O caso é que alá fomos e podemos dicir que tivemos un día inmellorable para competir, con sol na hora da saída (11 h.) e logo ceo nubrado durante boa parte da carreira; cunha temperatura óptima para a práctica do atletismo.

Percorrido

O perfil da carreira, como anticipamos, duro, duro, e a pesar de que se fixeron igualmente grandes marcas, o problema estaba ao finalizar, cas pernas cargadas a tope despois de tanta costa arriba e abaixo en todo o bonito percorrido arredor da ría.

Perfil







Foto grazas a maridopi

Grandes resultados nos nosos con marcas fenomenais, destacando en especial a Fernando, que fai 15 días estaba literalmente KO por lumbalxia. Ao final grande satisfacción, acompañada dun bo avituallamento final, duchiña quente no pavillón... e de volta a Santiago cos corpos ben magoados.

 
Foto grazas a blas62
 
En nada tocará outra nova media maratón. Esta vez en Ferrol. Quen sabe como chegaremos alá.

Foto grazas a maridopi











Clasificacións:
Oficial aquí

Os nosos


0 comentarios:

Últimas entradas no Blog:

Axenda

Axenda
Fútbol e Atletismo

Últimos Comentarios

Campaña de Soci@s

Campaña de Soci@s
Información aquí

Patrocinador Atletismo

Licenzas

Licenzas
Atletismo

Correr en Galicia

Correr en Galicia
Calendario Carreiras Populares

Fed. Gal. Atletismo


Colaborador

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Descontos soci@s

Jorge Raña Calvo

Arquivo