luns, 21 de xaneiro de 2013

Atletismo: Campionato Galego Absoluto de Cross Curto e Campionato Galego Cadete-Xuvenil (FGA)

Histórico debut do Noitebra no Campionato Galego de Cross Curto de Clubs no circuíto (lameira) do Monte do Gozo a fría maña do domingo. Tamén competiriamos no Campionato Galego Cadete-Xuvenil Masculino.

Onde está o pé de Fleky? Foto de Moses
O noso equipo lograría un meritorio 11º posto na categoría absoluta masculina, se temos en conta que a case totalidade dos atletas debutaban na disciplina e/ou no duro circuíto santiagués.


Moisés. Foto de Abel
Comezaba a competición Moisés no Campionato de Galego de Cross Cadete-Xuvenil, onde tería que facer nada máis e nada menos que 6.150 metros por un terreo totalmente embarrado ou máis ben embrañado (se é que existe a palabra). Épica carreira, onde os rapaces sufrirían o seu, como xa o fixeran previamente nas categorías escolares. Basta dicir que moitos rapaces e rapazas, ao chegar, derrubábanse do esforzo realizado, con moitos e moitas rompendo a chorar nada máis cruzar a meta. O noso Moisés logrou rematar con moito esforzo, cando moitos, no seu pelexo, xa se houbesen retirado.

Ángeles. Foto de Moses
Logo teríamos a Ángeles competindo na carreira absoluta feminina, onde non puidemos xuntar equipo para puntuar por clubs. A distancia, 4 km oficiais (4,4 km reais), co terreo cada vez máis danado. A nosa compañeira volveu logo de moitos anos a probar a dureza deste tipo de terreo, e a pesar do frío o pasou pipa, esvarando sen zapatillas de cravos polo barro adiante.
Gañaría a proba feminina Esther Navarrete e por clubs o faría o Comesaña.

Víctor. Foto de Moses
Xa con case que 45 minutos de retraso (xa vos digo que o das categorías inferiores foi épico, e moitos nenos/as remataron arrastro, cos consecuentes retrasos entre proba e proba), tiña lugar a saída da carreira absoluta. Si, si, sobre as 15 h (case nada). Jose, Julio, Carlos, Amador, Óscar, Pepe, Víctor, Fleky e Pirri tiraríanse ao tolo pola braña abaixo tan pronto o xuíz árbitro deu lugar á saída para percorrer os tamén 4 km “oficiais”. E logo só quedaba pasalo ben e non comerse unha boa trompada, xa que visto o nivel a pouco se podía aspirar. E abofé que o pasamos ben. Con barro ata as orellas (literal), e menos mal que o cross era curto, que se chega ser longo logo viría a épica tamén nesta categoría absoluta. Amador sería o que probaría o barro a fondo, pero sen consecuencias físicas, por sorte.

Jose. Foto de Moses
Sobre os nosos resultados, gran carreira dos irmáns Iglesias e do propio Amador (este aínda correndo sen cravos), e tamén Carlos, que serían os que puntuarían para o club (4 primeiros en cruzar a meta). Logo chegaríamos bastante xuntos os demais, tratando xa de manternos de pé nas últimas zonas totalmente enlamadas, onde te enterrabas ata o nocello como mínimo (basta con que vexades algunha foto como exemplo).
Gañaría a carreira masculina o internacional Pedro Nimo, e por clubs o faría a Sociedade Gimnástica de Pontevedra. Nós, como xa se comentou, remataríamos no posto 11 dun total de 20 chegados á meta.

Amador. Foto de Pache
Carlos. Foto de Pache


Pepe. Foto de Pache

Mención especial para os que nos viñeron dar soporte a pesar do clima (uns 5 grados, choiva, néboa e vento durante case que todo o tempo, ademais da lameira tamén para o público): os pais de Víctor, a nai dos irmáns Iglesias o pai de Amador, Juan (pai de Moisés)... e sobre todo Nacho, que asumiu á perfección as labores de delegado, e rematou tremendo de frío e ben mollado por botar unha man aos que competiamos. Graciñas a todos!!!




Próxima cita FGA
Quén se apunta? O prazo de inscrición a través da Federación (o facemos dende o club) remata o martes 22 de xaneiro ás 20 h. Como sempre, avisar a Miguel Nogueira para realizar o trámite.


Percorrido e perfil do cross do Monte do Gozo

Percorrido
Perfil

Clasificacións

Os nosos

   


Fotos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo