martes, 8 de xaneiro de 2013

Atletismo: Carreira Popular de Nadal de Riveira

Se o día 6 retomamos as carreiras federadas en Lalín, xa o día 5 tivemos representación do Noitebra nas populares. En concreto na Carreira Popular de Nadal de Riveira.

Cartel da carreira
Na mañá da cabalgata de Reis, Mallo e fillo foron dos primeiros do equipo en iniciar o ano correndo a nivel competitivo.


Carreira moi festiva de algo máis de 3 km e distancias varias para os escolares. A dos adultos, a pesar de ser corta, tiña tramos algo complexos, con zona de herba incluída.

Pouca participación, con apenas 40 nenos e 40 adultos que completaron as súas probas, pero o caso, segundo a organización, era organizar algo para o goce dos pequenos... e dos adultos.

Mallo remataría no posto 28 da xeral, e 9 da categoría, cun tempo de 14:27.
Gañaría Víctor González nos homes e nas mulleres Eva Regueira.

Finalmente, avituallamento de auga e froita que algún agradeceu ben...

Boa iniciativa dende Riveira, xa que non todo vai ser celebrar o Nadal con turróns e cheas...

Clasificacións
Oficial (Santa Uxía Atletismo)

Fotos
Cando se publiquen

Vídeo
Veintisiete TV

Instagram

Patrocinadores

Arquivo