venres, 11 de xaneiro de 2013

Atletismo: Previa Campionato Galego de Cross Curto (FGA)

O próximo domingo día 20 de xaneiro terá lugar no Monte do Gozo o Campionato Galego de Cross Curto por Clubes.


No  mesmo día e lugar disputarase o Campionato Galego  Cadete-Xuvenil.
Finalmente, tamén se celebrará o Memorial Alejandro Lorenzo para as categorías que van dende benxamín a infantil.
Os horarios e distancias son os que figuran no cartel do evento. Aquí embaixo tedes o plano cos percorridos.


Dende o Noitebra F.C. estamos a montar equipo para a categoría absoluta (promesa-senior-veterano). No obstante, non realizamos convocatoria oficial ao termos ese mesmo día unha ampla representación do equipo na Media Maratón de Viana do Castelo.

Polo tanto, informamos a todos/as os atletas do club, de calquera categoría (agás junior, que non temos, nin compiten...), que se contan de participar neste cross, avisen a Miguel Nogueira para realizar as inscricións dende a plataforma da RFEA.

Cabe indicar que no caso de anotarse e non participar sen mediar xustificación anticipada, a Federación impón unha sanción de 3 euros.

O prazo remata o martes 15 de xaneiro ás 20 h. A inscrición é gratuíta para os atletas federados.

Máis información:

Listaxe de inscritos do Noitebra F.C. ata a data (14/01/2012):
1. Jose Iglesias (senior)
2. Julio Iglesias (senior)
3. Miguel Nogueira (senior)
4. Pepe B. Turnes (veterano)
5. Moisés del Puerto (xuvenil)
6. Amador Pena (senior)
7. Fleky Rodriguez (senior)
8. Ángeles Vázquez (veterana)
9. Victor Cerqueiro (senior)
10. Óscar Valle (veterano)
11. J. Carlos Buján (veterano)

Instagram

Patrocinadores

Arquivo