venres, 1 de febreiro de 2013

Atletismo: Campionato Escolar de Campo a Través. Fase Intercormarcal, Alameda de Santiago

O pasado sábado día 26 tivo lugar a fase intercomarcal do Campo a Través Escolar (XOGADE) suspendida a semana anterior polo mal tempo.
Arquivo. Nacho na anterior fase local. 
Foto: Mark Losada
Teríamos como representante a Nacho Rozas, clasificado da anterior fase local.

Cunha mañá bastante aceptable, o noso atleta competiría na categoría cadete masculino, nunha distancia duns 3,5 km pola contorna do paseo da Alameda de Santiago.

Nacho, ao igual que na fase anterior, competiría con moita intelixencia, buscando asegurar un posto entre os oito primeiros que daban o pase á fase provincial. E curiosamente resultoulle máis fácil que na serie local, conseguindo o 6º posto na meta, logrando así o obxectivo proposto.

Segundo a clasificación oficial, realizaría un tempo de 12:28, cun promedio de 3:34/km.

Polo tanto, Nacho terá a opción de medirse aos mellores escolares da provincia na súa categoría. A cita xa ten día, hora e lugar:


Clasificación

Instagram

Patrocinadores

Arquivo