venres, 22 de febreiro de 2013

Atletismo: Convocatoria para a XI Carreira Popular de Padrón (FGA)

O Noitebra F.C. Atletismo CONVOCA aos seus atletas absolutos para competir por equipos na XI Carreira Popular de Padrón, puntuable para as bonificacións recollidas nas bases que regulan a actividade atletica do Club para a tempada 2012-2013.

A carreira absoluta e xuvenil será o sábado día 2 de marzo ás 18 h. Con saída e chegada na Praza de Abastos.

A inscrición individual rematará o mércores día 27 de febreiro ás 22 h. Todos os atletas federados de xuvenil a veterano terán que facer esta inscrición individual e pago a través da web de Champiochip Norte. Quen teña dificultades para facer o tramite, que se poña en contacto con Miguel Nogueira. A continuación, o club enviará a listaxe oficial de atletas absolutos participantes, co seu correspondente nº de licenza federativa, á FGA. Na inscrición individual de Championchip indicarase, entre outras cousas, o seguinte:
  • Federado: SI
  • SI compito por clubes
  • SI participo no CPTO Galego*
* Será o club quen o notifique á FGA.

Ademais, celebrarase de forma simultánea o Campionato Galego de 10 KM en ruta. Esta inscrición individual a realizará o Club no momento en que cada atleta figure xa anotado en Championchip. Non suporá coste engadido.

Lembrade que na competición por equipos puntuarán 10 atletas absolutos de forma mixta (home-muller).

Listaxe de anotados na carreira/campionato: (actualizada o 27/02/2013 ás 15:20):

1. Gonzalo Silva
2. Miguel A. Nogueira
3. Amador Pena
4. Anxo Munín
5. Julio Iglesias
6. Jose M. Iglesias
7. Fleky Rodríguez
8. Manolo Moure
9. Juan Carlos Mallo (só carreira popular-licencia sen validar para o campionato)
10. Pepe Bermúdez T.
11. Jaime Rivas Pereira
12. Puri Bermúdez T.
13. Víctor Cerqueiro
14. Shaila Muñiz
15. Fran Méndez
16. J. R. Abel
17. Moncho Iglesias
18. Nacho Liñares
19. Xaime Rivas Posse
20. Jorge García (só carreira popular-licencia sen validar para o campionato)
21. Mark Losada
22. Carlos Buján (só carreira popular-fóra de prazo para o campionato)
23. Dani Becerra (só carreira popular-fóra de prazo para o campionato)
24. Lucía Ansedes (só carreira popular -licencia sen validar para o campionato)
25. Fernando Antelo  (só carreira popular-fóra de prazo para o campionato)
26. Miguel Tarrío  (só carreira popular-fóra de prazo para o campionato)

Inscrición de escolares (ata cadete) aquí.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo