luns, 18 de febreiro de 2013

Atletismo: Fase Provincial Cross Escolar XOGADE, Acea da Ma (Culleredo)

O sábado pasado tivemos a Nacho Rozas representando ao Noitebra na Fase Provincial do Cross Escolar (XOGADE) en Culleredo.

Nacho momentos antes da saída. Foto: Virginia Losada
Nunha mañá perfecta para correr o noso atleta enfrontaríase aos mellores da provincia na carreira cadete masculina.

Nacho recoñecendo o terreo. Foto: Virginia L.
Segundo nos comentou Nacho, o circuíto estaba esvaradío. Aspecto lóxico se se competía sen cravos (como era o seu caso) por un terreo como o de Acea da Ma, fundamentalmente de herba.

Foto: Virgina L.
Dificultade engadida para o noso xoven atleta pois, que logrou rematar no posto 24, cun tempo de 16 minutos e 22 segundos, invertidos en realizar un percorrido duns 4 km de distancia (promedio 4:02/km).
Queremos dar as grazas a Nacho e á súa familia por axudarnos a  seguir facendo historia no club, situando a un atleta escolar do Noitebra entre os mellores da provincia de A Coruña, e entre os cales seguro que sairán candidatos para o campionato galego.


Pechamos así a nosa participación no cross escolar esta tempada, pero as xornadas XOGADE seguirán co atletismo en pista, onde esperamos poder debutar este ano con algún dos nosos xoves atletas.

Percorridos do cross provincial escolar en Acea da Ma
Fonte: XOGADE
Clasificacións

Fotos e vídeos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo