xoves, 21 de febreiro de 2013

Atletismo: I Carreira de San Alberte, Ribeira

Nunha fin de semana de intensa competición para os atletas do Noitebra, queda por destacar outra carreira na que estivemos presentes: 1º Carreira de San Alberte, en Ribeira.

Fran nunha das pedregosas baixadas. Foto: Arousa.com
A continuación a crónica por xentileza de Fran Méndez:


Este pasado domingo, coas pernas aínda quentes da carreira de Lestedo e aproveitando a fin de semana en Ribeira, achegueime a disputar o 1º Trail polo monte de San Alberto. Alí atoparíame con Jose Manuel e a súa nai, e seria baixa de ultima hora Fleky (segundo me comentou o día anterior, seguramente por culpa dun bo cocido).

Amenceu unha maña ben chuviosa que nos acompañaría durante toda a proba, e aínda así decidín achegarme "quentando" dende a praia de Coroso ata o alto do monte, con tempo para recoller o dorsal e saudar aos coñecidos que ata alí se achegaron. 

Con puntualidade comezou a proba para recorrer 9 km. de puro trail, e dicir: pedras, lama, cortalumes, regatos, toxos, etc., resultando unha carreira moi fermosa e cunhas vistas espectaculares. 

Jose co trofeo ao 7º posto da xeral. Foto: X. Antón Barreiro
O 1º home en chegar a meta seria Ruben Caamaño e a 1ª muller Helena Fernández. A pesares de non ter moita participación si habería bastante nivel, polo que o 7º posto que acadaría Jose Manuel ten moito mérito e faríao merecedor dun trofeo (levarían os 10 primeiros homes). En canto a min, sen máis pretensións que rodar un pouco e gozar do percorrido penso que cumprín dignamente, xa que nalgún tramo a media do GPS foise ata os 6:30/km (aínda que pareza mentira, máis duro que a véspera en Lestedo). Ao remate, de volta para a casa trotando e ansioso por unha duchiña quente.

Da organización dicir que estivo de nota: circuíto completamente sinalizado pese á complicación do mesmo, avituallamento intermedio, e final a base de auga e froita, e todo baixo a intensa chuvia da xornada. É de agradecer tamén a carpa que dispuxo Protección Civil e que nos deu a vida á chegada a meta.

Quero aproveitar tamén para felicitar a Abraham Benítez polo seu 3º posto local, que ademais é un dos culpables de que se celebren tantas probas por estes lugares, e me consta que é seguidor da nosa paxina, pola que nos ten felicitado veces abondo. Sen dubida se hai unha 2º edición alí tentarei estar e seguro que non ei ser o único noitebro...


Percorrido e perfil
Percorrido
Perfil
Clasificación

Os nosos
  • Jose M. Iglesias. Posto xeral: 7º; Tempo oficial: 38:23 ; Ritmo: 4:15/km
  • Fran Méndez. Posto xeral: 23º; Tempo oficial: 43:40 ; Ritmo: 4:51/km
Distancia oficial da carreira: 9 km
Nº de participantes que finalizaron: 79

Fotos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo