venres, 22 de febreiro de 2013

Atletismo. Previa Vig-Bay 2013: inscrición por equipos e viaxe organizada

O día 17 de marzo  de 2013 ás 10.30h. terá lugar unha nova edición da Media Maratón Vigo-Baiona (http://www.vig-bay.com).  


Como ven sendo costume nos últimos anos, o Noitebra F.C. ofrece a posibilidade de inscribir aos seus atletas dende o club para competir como equipo mixto, realizando as respectivas xestións e pago anticipado das taxas. E ao igual que a tempada pasada, para quen lle interese tratremos de facer a viaxe organizada en autobús, con comida ao regreso da proba.


INSCRICIÓN

Para a inscrición na carreira os prazos oficiais a ter en conta (regulamento Vig-Bay) son os seguintes: 
- Ata o 28 de febreiro incluído o prezo da inscrición é de 20 euros por atleta.
- Do 1 ao 8 de marzo o prezo increméntase a 30 euros por atleta.

Como xa se indicou, o Noitebra posibilita realizar a inscrición como equipo mixto (homes-mulleres, mínimo 5 integrantes), pero de forma anticipada, xa que a organización da carreira establece un límite máximo de 4.800 participantes (a 26 de febreiro había uns 3.300 inscritos).

Polo tanto, o club tratará de pechar o proceso de inscrición o 27 de febreiro ás 23 h.* (incluído), e deste xeito asegurar a participación dos seus atletas interesados en competir como equipo e coa taxa de 20€/atleta. Todo aquel/a atleta do Noitebra que queira acollerse a esta inscrición anticipada deberá confirmalo no formulario de máis abaixo ata o 27 de febreiro ás 23 h. O pago será realizado a Miguel Nogueira, que se encargará de realizar os trámites.
AVISO IMPORTANTE: quen nunca participase nesta carreira debe enviar unha copia do seu DNI (polas dúas caras) a miguelanxo@gmail.com.
* Esta data pode variar en función do ritmo de inscricións globais na carreira.

FÓRA DESTE PRAZO o proceso de inscrición na carreira correrá por parte do atleta de forma individual.


VIAXE ORGANIZADA E COMIDA

Os/as atletas interesados en viaxar e comer en grupo deberán facer efectiva a súa reserva ata o día 8 de marzo ás 14 h., previo pago de 40 euros (20 a viaxe e 20 a comida). Para facilitar o proceso, as peticións rexistraránse no formulario que se recolle máis abaixo onde se farán constar os datos básicos, máis, de ser o caso, o número de acompañantes non federados no club que virán (familiares, amigos, etc.).
AVISO IMPORTANTE: os pagos serán realizados ata a data indicada a Fernando Antelo. No momento de ter contratado o autobús non se devolverá o seu importe aínda causando baixa xustificada. Ademais, quen non teña feito estes pagos ata a data indicada, perderá a reserva.

FORMULARIO

Abrimos pois o formulario de inscrición do equipo para a carreira ata o 27 de febreiro ás 23 h., onde:
-  Ademais da inscrición, podes facer reserva para viaxar de forma organizada ata o día 8 de marzo ás 14 h.** (bus+comida+de ser o caso xunto a acompañantes).
- No caso de facer a viaxe de forma individual, indicar se interesa empregar o servizo de bus e o servizo de gardaroupa que ofrece a Vig-Bay (xa incluido no prezo da inscrición).
- Quen participe por primeira vez nesta carreira deberanos remitir unha copia dixitalizada do seu DNI (a miguelanxo@gmail.com).
** Quen se anote de forma individual na carreira por quedar fóra do noso prazo (27 de febreiro), por facelo antes ou máis tarde, terá a posibilidade, ata o 8 de marzo ás 14 h., de reservar a súa praza para a viaxe e a comida, nas mesmas condicións indicadas no aviso recollido máis arriba. Neste caso, esperade logo ata despois do día 28 de febreiro para usar o formulario.

ACCESO AO FORMULARO DE INSCRICIÓN DO NOITEBRA AQUÍ (dende o 28 de febreiro e ata o 8 de marzo, só para a reserva de viaxe e comida)

CONSULTA SE QUEDACHES REXISTRADO AQUÍ (PODE TARDAR UN CHISCO EN APARECER O REXISTRO)


INSCRICIÓNS XA REALIZADAS DENDE O CLUB  (28/02/2013 ás 11:35 h.):

Nome e Apelidos :                         DNI Validado:
1. FERNANDO ANTELO FERRO    Si
2. PURIFICACIÓN BERMÚDEZ TURNES    Si
3. JOSÉ IGNACIO LIÑARES MARTÍNEZ    Si
4. JOSÉ MANUEL MALLO NIEVES    Si
5. FRANCISCO MANUEL MÉNDEZ QUINTELA    Si
6. MANUEL MOURE SANDE*    Non (enviar copia DNI a Miguel Nogueira)
7. MIGUEL ÁNGEL NOGUEIRA PÉREZ    Si
8. BELÉN NOYA PÉREZ    Si
9. XAIME RIVAS POSSE    Si

10. ÁNGELES VÁZQUEZ SUÁREZ*    Non (copia DNI xa recibida por Miguel Nogueira)
11. ANXO MUNÍN OTERO*    Non (copia DNI xa recibida por Miguel Nogueira)
12. RICARDO VÁQUEZ VIEITES* Non (copia DNI xa recibida por Miguel Nogueira)
13. ENRIQUE ÁLVAREZ-PARDIÑAS RODRÍGUEZ* Non  (copia DNI xa recibida por Miguel Nogueira)

Instagram

Patrocinadores

Arquivo