mércores, 29 de maio de 2013

Atletismo. CorreSan 2013. Campus Sur (FGA)

A tarde do pasado sábado iniciouse en Santiago a 2ª edición do Circuíto de carreiras do CorreSan. A primeira cita sería no Campus Sur da Universidade.
Puri e Shaila. Foto: Correro
O Noitebra contaría cun bo numero de atletas participantes repartidos entre as categorías escolares e as de adultos.


Foto: Correro
Percorrido xa coñecido do ano pasado. Curto (uns 5,8 km), pero ben esixente polo ritmo imposto neste tipo de probas e por ter diferentes subidas “quitafolgos” na zona do Hospital da Esperanza e onde as Facultades de CC. da Educación e Psicoloxía.

Mellora considerable en canto á participación de atletas, tanto en nenos coma en adultos, o cal favorecerá á consolidación deste circuíto de carreiras populares na nosa cidade.

Foto: Correro
Bo ambiente pois para correr na casa nunha tarde propicia para  gozar/sufrir cun final propiamente olímpico dando unha volta dentro do Estadio Universitario, nesta ocasión, ante un nutrido número de espectadores entre os que se atopaban moitos coñecidos, amigos e familiares da xente do noso equipo.

Foto: Correro
En canto aos nosos resultados, destacar unha vez máis o papel da nosa sección feminina, que xa ten situada a Shaila Muñiz, Ángeles Suárez e Puri Bermúdez en postos de honra en cadansúa categoría, e a pesar dos múltiples problemas físicos que están a arrastrar ultimamente.

Foto: Correro
Nos homes tampouco nos podemos queixar, e ante a ausencia dos irmáns Iglesias Torres por motivos festivos, cabe destacar a boa posición de Amador Pena na xeral e na súa categoría. E non esquecer ao resto, dos que boa parte deles melloraron as súas marcas do ano pasado nesta proba. Tralla a tope!!

Foto: Correro
Nos escolares, o cadete Walter Rosales segue amosando o seu bo estado de forma entrando entre os 10 primeiros da súa categoría. E cabe salientar o debut no Noitebra, en carreira federada, de Sara Antelo, que o faría na categoría cadete.
En canto aos resultados a nivel absoluto, gañaría a carreira Youssef Kouaou. Nas mulleres o faría Laura Mosquera.

En definitiva, moi boa carreira a do Campus Sur, cunha moi boa organización e con gañas xa de que chegue a seguinte proba.

Próxima cita do CorreSan:
Seguirá sendo no campus universitario. Neste caso, no Campus Norte (Xoán XXIII), cun percorrido que se prevé de rápido de inicio, e onde a parte final pasará factura na última volta se un se espreme ao máximo dende o inicio.
A data: sábado 22 de xuño en horario por determinar.
Máis información aquí


Percorrido e perfil do CorreSan Campus Sur

Percorrido
Perfil



Perfil con porcentaxes de desnivel






Instagram

Patrocinadores

Arquivo