xoves, 2 de maio de 2013

Atletismo: I Carreira Pedestre Concello de Oroso (FGA)

O pasado sábado pola tarde o Noitebra participou na I Carreira Pedestre Concello de Oroso.
Grande participación nas carreiras escolares. Foto: Concello de Oroso
As categorías escolares terían un grande protagonismo, e tamén con atletas do noso club, con Migueliño e Moisés subindo ao podio nas súas categorías.


Foto: J. R. Abel
Nunha tarde de chaparróns intermitentes e de sensación de frío polo vento, o Noitebra acudiu ata Sigüeiro para inaugurar esta proba ben cerca de Santiago. Dita proximidade fixo que moitos dos nosos se citasen para competir nesta proba de 9,5 km que a priori tiña pinta de ser algo dura polas propias características da zona urbana e arredores por onde estaba trazado o circuíto.

Nesta ocasión os primeiros en arrincar foron os atletas da categoría absoluta, aos que, por sorte, non pillou a choiva (salvo nalgúns intres na chegada). Como era de esperar, carreira con constantes sube e baixa, cunha primeira parte onde se foi gañando altura pouco a pouco, para logo descender por algunha que outra baixada longa. E apenas había respiros chans onde regular o ritmo, cun final rompe-pernas, enlazando subida forte con baixada a base de tobogáns...
Foto: J. R. Abel

Saída, como sempre cando fai viruxe, moi rápida, cunha dura voltiña pola zona urbana, para logo saír cara A Coruña, transitando mesmo por camiños, aínda que en moi bo estado. Pouco a pouco o grupo foise estirando e cada un aguantaba como podía, xa que non había unha grande participación como para conformarse grandes grupos para protexerse do vento, polo que resultaba habitual facer a carreira case que en solitario, especialmente na metade final. Na chegada nos esperaba un público moi numeroso animando a todos os corredores/as.

Gañaría a carreira Santiago López, e nas mulleres o faría Raquel Tuñas.
Foto: J. R. Abel
Carreira sensacional dos nosos, con Amador entrando no 6º posto da xeral e con 2ª premiación na categoría. Tamén grande carreira de Carlos Buján e J. R. Abel, que bicarían o podio. Boas sensación de Óscar e Miguel Nogueira, este último en rexeneración logo do abandono no Maratón de A Coruña. Logo, nova premiación para Puri Bermúdez na súa categoría, nesta ocasión polo 2º posto. Máis atrás e porque non podía fallar a esta cita, estivo Pepe Bermúdez T., que a pesar da lesión que o ten no dique seco dende hai un tempo, fixo por participar con toda a ilusión do mundo. Esperamos que se recupere o antes posible.
Máis tarde, e de forma sucesiva, fóronse realizando as carreiras escolares onde Migueliño Mosterio faría o 3º posto na categoría infantil e Moisés del Puerto tamén o 3º posto, pero na categoría xuvenil.
Foto: J. R. Abel
Polo tanto, éxito case que inesperado na 1ª edición desta carreira, que seguro que nos invitará a participar o ano que vén.

Salientar tamén a gran organización do evento en todos os sentidos (avituallamento, duchas...), aínda sendo a primeira ocasión na que se celebraba. Por tanto, non cabe máis que felicitalos, e en especial por ser capaces de animar a tantos nenos e nenas a participar. O único detalle a mellorar foi o cristo que se montou na recollida de dorsais precisamente nestas categorías escolares, que se ben é verdade que a inmensa maioría os foron retirar faltando 5 minutos para empezar, para outra ocasión deberán prever que poden pasar situacións deste tipo.

Percorrido e perfil

Percorrido
Perfil

Perfil con porcentaxes de desnivel





Clasificacións

Oficiais (FGA)

Alevín-Infantil (FGA)
Cadete-Xuvenil (FGA)

Premiacións (FGA)

Os nosos

Fotos
Facebook do Concello de Oroso

Instagram

Patrocinadores

Arquivo