mércores, 1 de maio de 2013

Atletismo: VII Carreira de O Corgo, Corrubedo

Logo do Maratón de A Coruña a vida atlética segue,  e na pasada fin de semana tivemos unha intensa actividade na sección de atletismo do Noitebra. Comezaremos comentando o que foi a nosa participación na VII Carreira de O Corgo, en Corrubedo.

Julio obtivo o seu primeiro trofeo o sábado en Corrubedo. Foto: Portela MTB
A continuación a crónica da carreira grazas a Fran Méndez:



Este pasado sábado día 27 daría comezo unha nova edición do Circuíto de Carreiras Populares de Riveira, e como e de costume arrincou coa Carreira de campo a través do Corgo, en Corrubedo, que cumpriría a súa 7ª edición.

Foto: Portela MTB
Os Noitebros que ata alí nos acercamos fomos: Jose Manuel e Julio Iglesias, Nacho, Manolo, Juan Carlos Mallo, Shaila máis eu (Fran), e arroupados dende o público, coma sempre, da familia de Manolo, e desta volta tamén por parte dos irmáns Iglesias, de Tamara. 

Chegamos á zona da proba con tempo abondo para recoller os dorsais, pero dada a cantidade de coñecidos que atopamos case non nos dou tempo nin de quecer. Entre estes, unha vez máis, o incansable Abraham, que como estou seguro de que vai ler estas liñas aproveito para felicitar de novo polo "trofeo" que esta a piques de recibir e dicirlle que nos veremos na Guía (2ª proba do circuíto).

Foto: Portela MTB
Xa falando da carreira, a tarde non comezou nada ben, xa que parece que unha man negra persigue ultimamente os atletas do Noitebra, xa que Manolo sufriu un ataque de lumbago esa mesma maña e tras probas no quecemento decidiu non arriscar. Por outra banda Nacho tería que abandonar á metade do percorrido por problemas musculares cando estaba a realizar unha meritoria carreira. 

Foto: Portela MTB
Volvendo á competición, dicir que a tarde acompañou, caeron algunhas pingas, pero nada de importancia, aínda que había tramos de moita auga e lama como é costume nesta proba, que un ano máis cambiou o percorrido deixándoo nuns duros 9,7 km., que este ano terían como novidade a inclusión de dous tramos de praia, un deles de case 500 metros e coa marea chea polo que tocou afundirse na area. 

Foto: Portela MTB
A proba foi gañada por Ruben Caamaño en homes e por Águeda Blanco en mulleres que tamén vencería na categoría de parellas xunto a Horacio Gil. En canto aos noitebros, as alegrías da tarde chegarían da man dos irmáns Iglesias que obterían ambos premiación ao entrar entre os 20 primeiros; Jose Manuel seria 9º e Julio 14º acadando así este último o seu primeiro trofeo a nivel individual; por detrás chegariamos Shaila máis eu, que dadas as ultimas "palizas" recibidas e a falta de adestramento neste terreo iamos coa idea de facer unha "ruta de sendeirismo", e ao final contentísimos polo resultado, xa que conformándonos con non ser últimos, chegamos de sétimos dun total de 16 parellas e desfrutamos por primeira vez nesta proba do percorrido e da paisaxe; finalmente chegaría Juan Carlos, realizando tamén unha meritoria carreira xa que se non me engano era o debut neste tipo probas e cumpriu con nota dada a dureza do terreo. 

Da organización dicir o de sempre, magnífica e o avituallamiento final xa o coñecen os que se acercaron algunha vez ata aquí: ademais de froita, barritas e isotónicas de rigor, unha caña ben tirada para repoñer forzas, e a agardar a edición do ano que vén a ver que sorpresa nos depara...


Percorrido e perfil

Fonte: Arousa Natureza e Ocio


Clasificación

Os nosos
Fotos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo