Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Atletismo. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de novembro de 2021

Pistas de atletismo da USC por fin para o 2022

A pesar da pandemia, teremos por fin pistas homoladas en Santiago de Compostela no 2022, tal e como se recolle na prensa:

A Secretaría  Xeral para o Deporte, a Deputación da Coruña, o  Concello de Santiago e a USC asinaron un convenio para a renovación e acondicionamento da pista de atletismo do Campus Vida, un documento que fixa o 31 de marzo do 2022 como data límite para o fin das obras.

Agora a esperar que a COVID-19 permita gozar delas.

 

Fonte: La Voz de Galicia

sábado, 21 de abril de 2018

Regulamento de Réxime Interno da Sección de Atletismo (2018)

Aprobados por unanimidade en Asemblea Xeral Extraordinaria o 20 de abril de 2018.


NOITEBRA FÚTBOL CLUB

REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA SECCIÓN DE ATLETISMO



O presente regulamento contén as condicións, requisitos e circunstancias nas que se desenvolverá a actividade da sección de atletismo do Noitebra Fútbol Club no non previsto nos seus Estatutos, e responde á necesidade de arbitrar medidas concretas de actuación que posibiliten o funcionamento óptimo da sección, definindo os dereitos e deberes dos e das atletas, co obxecto de garantir os principios de igualdade e transparencia. Supoñen un marco de actuación”, e como tal deberá facerse público para que sexa coñecido e respectado tanto por parte dos órganos de goberno do Club, atletas da sección así como o resto de socios e socias do Club.

luns, 25 de decembro de 2017

Pechando o 2017 no Noitebra F.C.

E outro ano que deixamos atrás cheo de actividade no Noitebra FC.

Como afirmou o noso Presidente na súa mensaxe de nadal, encaramos una nova tempada na que dicimos adeus aos que se foron, recibimos con alegría aos que veñen, e agradecemos a continuidade dos que xa levan tempiño connosco.


A sección de atletismo, una vez máis, multiplicaría a súa participación en carreiras e campionatos, levando bos botíns a xeito de trofeos, medallas e sobre todo de ledicia, en espacial coas nosas carreiras en Compostela.
Con novos proxectos xa en marcha , reforzando a sección feminina, acollendo máis rapaces nas categorías escolares, e sobre todo seguindo coa esencia de sempre, propia dun grupo de amigos e amigas que procuran no atletismo un divertimento, sobre todo no coa súa práctica e posta decidida polos eventos de Santiago e comarca.



Tamén remata una tempada ben viva na sección de ciclismo, abarcando máis competicións e novas aventuras fóra de Galicia. En especial este ano que remata, foi a realización e participación en actividades de irmandade con colegas e clubs doutros lares lonxanos á Compostela. Quedan aquí novos retos pendentes, na procura sempre de emocións fortes no monte ou na estrada.

So nos queda felicitar as festas e o novo ano a todos os noitebros e noitebras, así como aos seus simpatizantes.

Vémonos nas carreiras, xa sexa a pé ou na bici ;)

Patrocinadores

Arquivo