Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol 3ª Autonómica Tempada 2010/2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol 3ª Autonómica Tempada 2010/2011. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2011

Fútbol: adestramentos

Por motivo da Compostela Cup esta tempada rematan os adestramentos no campo de As Cancelas.

As pistas do Estadio de San Lázaro, e co mesmo motivo, só se poderán empregar o luns 27 e martes 28 do que queda de xuño, rematando a concesión para esta tempada a final do citado mes.

domingo, 5 de xuño de 2011

Fútbol: Fin de Tempada 2010-11. Partidiño Noitebra FC Vs Vellas Glorias

 O vindeiro sábado 11 de xuño a partir das (ollo cambio na hora) 17 h. no campo de fútbol de Brión, o Noitebra F.C. celebrará o fin da tempada 2010-11 cun partidiño no que participarán as Vellas Glorias do noso equipo.

Sen dúbida unha xornada festiva que non debedes de perder para ter un bo recordo como cando o 5º aniversario do noso Club.

Noitebra FC vs Vellas Glorias. Foto do 5º Aniversario
 
Informamos tamén que as instalacións deportivas para os adestramentos de fútbol e preparación física (As Cancelas e San Lázaro) seguirán estando dispoñibles nos horarios habituais ata o final deste mes de xuño.

domingo, 22 de maio de 2011

Fútbol: Noitebra 3 - Victoria 2 (Fin de Tempada)

Terceiro triunfo consecutivo do Noitebra ante o Victoria por 3-2 no partido xogado a tarde do domingo nas Cancelas. A mellor racha do equipo chega xusto cando remata a liga 2010-11, momento que coincidiu coa consolidación do equipo como tal.

Accede aquí ao álbum do partido
  
O partido tivo un primeira parte onde pouco a pouco o Noitebra foi collendo o mando  grazas ao dominio no medio campo. O primeiro gol chegaría pronto por medio de Andrés dende fóra da área, superando ao porteiro por alto.
Nunha xogada a balón parado chegaría o gol de Javi que parecía dar máis tranquilidade ao xogo do noso equipo, e iso a pesar do cambio por lesión de Andrés.
   
No segundo tempo o Noitebra víase moi asentado no campo e despois de diferentes ocasións, sería nun saque de esquina onde chegaría o 3-0 por medio de Kike, que xa enviara minutos antes un balón ao pau. Logo dalgunha ocasión máis desperdiciada e diferentes fóra de xogo de Simón, o Victoria enchufouse ao partido cun bo gol dende fóra da área, e logo cun segundo tras xogada persoal dentro da área e pasividade defensiva do Noitebra. 

 
O 3-2 daría emoción aos últimos minutos, cun Victoria ao ataque e o Noitebra, xa con todos os cambios feitos, contendo o xogo rival e saíndo á contra con Nao e Simón, puidendo sentenciar nun par de ocasións.
 


Ao final o marcador xa non se movería e faríase realidade a terceira victoria consecutiva do Noitebra que finaliza a liga no posto 14 con 35 puntos.

Sen máis demora toca xa planificar a próxima tempada.

venres, 20 de maio de 2011

Fútbol: Campo da Angustia 2 - Noitebra 3

Bo fin de tempada do Noitebra que logrou a súa 2ª victoria consecutiva ante o Campo da Angustia por 2-3 no partido xogado o día das Letras Galegas en Villestro.

E chegamos ao último partido da liga 2010-11 que se xogará o domingo día 22 de maio no campo de as Cancelas contra o Victoria ás 18.45 h. Trataremos de estar por alí para retratar o fin de tempada.


martes, 17 de maio de 2011

Fútbol: Noitebra 4 - Ruanova 2

Victoria do Noitebra no clásico ante o Ruanova por 4-2 no partido xogado o pasado domingo en Villestro.

Sen máis descanso, nova xornada no día das Letras Galegas (martes 17 de maio), ás 18.45 tamén en Villestro (A Barrosa) ante o Campo da Angustia.


luns, 9 de maio de 2011

Fútbol: Estrela Vermella 1 - Noitebra 1

Empate a un gol do Noitebra ante o Estrela Vermella no partido xogado a tarde do pasado domingo.

Na vindeira xornada o Noitebra xogará contra o Ruanova o domingo 15 de maio ás 17 h. no campo de A Barrosa (Villestro).


martes, 3 de maio de 2011

Fútbol: Noitebra 1 - Amizade 2

Derrota pola mínima do Noitebra ante o Amizade (1-2) no partido xogado o pasado domingo en Villestro.

Próxima xornada o domingo 8 de maio contra o Estrela Vermella ás 16 h. no campo de A Barrosa (Villestro).


luns, 18 de abril de 2011

Fútbol: Inmaculada 0 - Noitebra 6

O Noitebra FC volve á senda das victorias a costa do colista A Inmaculada, endosándolle un contundente 0-6 no partido disputado o pasado sábado en Villestro.

Chega a Semana Santa e non haberá xornada de liga. Bo descanso para afrontar a recta final do campionato:

Fin de semana do 30 de abril-1 de maio
NOITEBRA-AMIZADE

Fin de semana do 7-8 de maio
ESTRELA VERMELLA-NOITEBRA

Fin de semana do 14-15 de maio
NOITEBRA-RUANOVA

17 de maio
CAMPO DA ANGUSTIA-NOITEBRA

Fin de semana do 21-22 de maio (final de tempada)
NOITEBRA-VICTORIA

martes, 12 de abril de 2011

Fútbol: Noitebra 0 - Atl. Fátima 6

Nova derrota do Noitebra por 0-6 ante o Atl Fátima no partido xogado o pasado domingo en Villestro.

Próxima xornada o sábado 16 de abril contra o Inmaculada ás 19.30 h. outra vez no campo de Villestro.

luns, 4 de abril de 2011

Fútbol: Belvís 6 - Noitebra 0

Dura derrota do Noitebra por 6 a 0 ante o Belvís no partido celebrado a tarde do domingo nas Cancelas. 

Próxima xornada ante o Atl. Fátima, lider da categoría. Xogarase o domingo 10 de abril ás 17.45 h. no campo de Villestro


luns, 28 de marzo de 2011

Fútbol: Noitebra 1 - Lavacolla 5

Derrota do Noitebra por 1 - 5 ante o Lavacolla no partido celebrado o domingo no campo de Marrozos.

Noxa xornada o domingo 3 de abril ás 19.30h. no campo de As Cancelas contra o Belvís.

luns, 21 de marzo de 2011

Fútbol: San Pedro 3 - Noitebra 3

Empate a 3 goles do Noitebra ante o San Pedro no partido xogado o domingo no campo de Villestro.

Nova xornada o domingo 27 de marzo ás 16.30h. no campo de Marrozos ante o Lavacolla.


martes, 15 de marzo de 2011

Fútbol: Noitebra 1 - Zona Vella 2

Derrota do Noitebra (1-2) o pasado domingo no partido xogado en Marrozos ante o Zona Vella, un dos equipos fortes desta tempada. Repetiuse o mesmo resultado axustado da primeira volta.

Nova xornada o domingo 20 de marzo ante o San Pedro ás 16.30h. no campo de A Barrosa (Villestro).


venres, 11 de marzo de 2011

Fútbol: Urban 1 - Noitebra 3

Victoria do Noitebra por 1-3 ante o Urban no partido celebrado o xoves pola noite nas Cancelas. 
Non sabemos se foi o cambio do día ou a hora, pero os nosos realizaron unha moi boa primeira metade, con gran gol de Simón e outro de Marco que poñían o 0-2 no marcador. 
Na segunda parte  a contenda desmadrouse un pouco, con ocasións claras para uns e outros. Recortaría o Urban de penalti, gozando logo de varias ocasións ao pao, mentres na outra área o Noitebra tamén erraba o seu. Pero sería o noso equipo o que pecharía o partido cun novo gol de Marco no que sería o definitivo 1-3.

O próximo encontro será o domingo 13 de marzo ás 11.30 h. ante o Zona Vella no campo de Marrozos.


luns, 28 de febreiro de 2011

Fútbol: Noitebra 0 - C.D. Conxo 7

Contundente derrota do Noitebra por 0 -7 ante o CD Conxo na tarde do domingo no campo de A Barrosa en Roxos.

Nova xornada o xoves 10 de marzo ás 21.15 h. no campo de As Cancelas ante o Urban.

luns, 21 de febreiro de 2011

Fútbol: A Gracia 3 - Noitebra 2

Derrota pola mínima (3-2) do Noitebra ante A Gracia no encontro celebrado o domingo no novo campo de Villestro (A Barrosa) .

O próximo partido será novamente no campo de A Barrosa ante o CD Conxo, o domingo 27 de febreiro ás 16.00 h.

sábado, 12 de febreiro de 2011

Fútbol: Noitebra 1 - San Marcos 3

Derrota do Noitebra por 1-3 ante o San Marcos o fin de semana pasado.

Esta semana será xornada de descanso. A seguinte será contra A Gracia, o domingo 20 de febreiro ás 19.30 h. no campo de A Barrosa en  Roxos (Villestro), recentemente estreado co seu novo céspede artificial:

luns, 31 de xaneiro de 2011

Fútbol: San Lorenzo 4 - Noitebra 3

Derrota do Noitebra por 4-3 ante o Racing de San Lorenzo o pasado fin de semana.

Nova xornada o domingo 6 de febreiro ante o San Marcos, ás 17.45 h. nas Cancelas.

domingo, 23 de xaneiro de 2011

Fútbol: Noitebra 3 - Bodegón Arzúa 2

O presi informounos da segunda victoria consecutiva do Noitebra ao vencer ao Bodegón Arzúa por 3-2 no partido disputado a tarde do domingo en Santa Isabel. Sen dúbida unha moi boa noticia ao ver que os nosos van remontando o voo.

O próximo partido disputarase o sábado 29 de xaneiro ás 16.15 h. fronte ao Racing de San Lorenzo no campo de Marrozos.


luns, 17 de xaneiro de 2011

Fútbol: Velacruz 1 - Noitebra 3

Boas noticias dende a sección de fútbol, xa que o Noitebra venceu por 1-3 ao Velacruz no partido de liga do pasado domingo. Esperamos que esta victoria sexa una inxección de moral para facer unha boa segunda volta no campionato. ¡¡Felicitacións!!

O próximo encontro será o domingo 23 de xaneiro, as 17.45 h. contra o Bodegón Arzúa no Campo de Santa Isabel.


NOITEBRA VS BODEGÓN ARZÚA

Patrocinadores

Arquivo