Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol 3ª Autonómica Tempada 2010/2011. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol 3ª Autonómica Tempada 2010/2011. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2011

Fútbol: adestramentos

Por motivo da Compostela Cup esta tempada rematan os adestramentos no campo de As Cancelas.

As pistas do Estadio de San Lázaro, e co mesmo motivo, só se poderán empregar o luns 27 e martes 28 do que queda de xuño, rematando a concesión para esta tempada a final do citado mes.

domingo, 5 de xuño de 2011

Fútbol: Fin de Tempada 2010-11. Partidiño Noitebra FC Vs Vellas Glorias

 O vindeiro sábado 11 de xuño a partir das (ollo cambio na hora) 17 h. no campo de fútbol de Brión, o Noitebra F.C. celebrará o fin da tempada 2010-11 cun partidiño no que participarán as Vellas Glorias do noso equipo.

Sen dúbida unha xornada festiva que non debedes de perder para ter un bo recordo como cando o 5º aniversario do noso Club.

Noitebra FC vs Vellas Glorias. Foto do 5º Aniversario
 
Informamos tamén que as instalacións deportivas para os adestramentos de fútbol e preparación física (As Cancelas e San Lázaro) seguirán estando dispoñibles nos horarios habituais ata o final deste mes de xuño.

domingo, 22 de maio de 2011

Fútbol: Noitebra 3 - Victoria 2 (Fin de Tempada)

Terceiro triunfo consecutivo do Noitebra ante o Victoria por 3-2 no partido xogado a tarde do domingo nas Cancelas. A mellor racha do equipo chega xusto cando remata a liga 2010-11, momento que coincidiu coa consolidación do equipo como tal.

Accede aquí ao álbum do partido
  
O partido tivo un primeira parte onde pouco a pouco o Noitebra foi collendo o mando  grazas ao dominio no medio campo. O primeiro gol chegaría pronto por medio de Andrés dende fóra da área, superando ao porteiro por alto.
Nunha xogada a balón parado chegaría o gol de Javi que parecía dar máis tranquilidade ao xogo do noso equipo, e iso a pesar do cambio por lesión de Andrés.
   
No segundo tempo o Noitebra víase moi asentado no campo e despois de diferentes ocasións, sería nun saque de esquina onde chegaría o 3-0 por medio de Kike, que xa enviara minutos antes un balón ao pau. Logo dalgunha ocasión máis desperdiciada e diferentes fóra de xogo de Simón, o Victoria enchufouse ao partido cun bo gol dende fóra da área, e logo cun segundo tras xogada persoal dentro da área e pasividade defensiva do Noitebra. 

 
O 3-2 daría emoción aos últimos minutos, cun Victoria ao ataque e o Noitebra, xa con todos os cambios feitos, contendo o xogo rival e saíndo á contra con Nao e Simón, puidendo sentenciar nun par de ocasións.
 


Ao final o marcador xa non se movería e faríase realidade a terceira victoria consecutiva do Noitebra que finaliza a liga no posto 14 con 35 puntos.

Sen máis demora toca xa planificar a próxima tempada.

Patrocinadores

Arquivo