Para rematar con información pendente e como anticipo ao inicio do CorreSan, quédanos facer una breve reseña doutras carreiras onde estivo presente o Noitebra entre o venres día 17 de maio e o domingo 19.
Jose Iglesias nunha das carreiras da fin de semana pasada. Foto: A Pobra Deportes |
Os nosos repartiríanse entre carreiras variadas en perfil e distancia.
Primeiro de nada, avisar a todos/as de que cando algún atleta vaia a algunha carreira da que non teña constancia o club, QUE AVISE para contabilizarlla de cara a cumprir co regulamento do equipo de atletismo. Se non o fai, entenderemos que non lle interesa recibir a bonificación do club sobre os gastos federativos ao final da tempada. Non é preciso que envíe informe nin moito menos, pero si que comunique ao club da súa participación.
O venres 17 algúns dos nosos estarían na VI Carreira Pedestre do Concello de Outes, de 10 km de distancia.
Aquí a clasificación xeral e aquí a dos nosos en Outes.
O domingo día 19, dobre presenza. Teríamos a Dani Becerra na IV Carreira Popular do Espiritu Santo, Muros. Carreira de carácter solidario de 6,4 km.
Aquí a clasificación xeral de Muros.
Logo, tamén teríamos xente na I Carreira Popular de Montaña Serra do Barbanza, duns 18,5 km pola zona da Curota.
Fotos