O Noitebra F.C. CONVOCA oficialmente a todos os seus atletas federados e non federados para participar por equipos na I Carreira Run for Parkinson's Compostela (FGA) que se celebrará no Campus Sur da Universidade de Santiago o próximo sábado día 29 de xuño.
Nova oportunidade para que os atletas do noso club vaian cumprindo co regulamento do club para obter as bonificacións sobre taxas federativas e especialmente para colaborar coa causa da organización da carreira.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
Día da carreira: sábado día 29 de xuño
Lugar: Campus Sur, abaixo do mirador da Alameda
Horarios:
- Adultos: 19 h.
- Escolares: dende as 19:45 h.
Prazo de inscrición: ata o 26 de xuño ás 22 h. dende o formulario único da Web da FGA
Prezos:
- Adultos (dende xuvenís en diante): 5 euros
- Escolares: 3 euros
*O pago realizarase o día da carreira no lugar da recollida dos dorsais
Máis información:
- Web da FGA
- Regulamento da carreira
Listaxe de atletas do Noitebra que participarán na carreira (28/06/13 8:25 h.)
1. Miguel A. Nogueira
2. Gonzalo Silva
3. Anxo Munín
4. J. Carlos Buján
5. J. R. Abel
6. Óscar Valle
7. Ángeles Vázquez
8. Ramón Alende
9. Nacho Liñares
10. J. M. Mallo
11. Belén Noya
12. Julio Iglesias
13. Juan del Puerto
14. Moisés del Puerto