O pasado venres varios atletas do Noitebra participaron na II Carreira Nocturna Estradense.
Óscar na chegada á meta |
A carreira, organizada polo Club Atletismo A Estrada, e de aproximadamente 6,8 km, forma parte do I Circuíto Corre A Estada Corre.
Cunha noite semellante á da primeira edición, é dicir, non precisamente calorosa a pesar de estar xa no verán, máis de 200 persoas quixeron inaugurar as festas da localidade cunha carreira que ten pinta de irse consolidando no tempo. E é que as carreiras nocturnas sempre teñen algo especial.Varios dos nosos, e con algúns deles quentando para o CorreSan Campus Norte ao día seguinte, non se quixeron perder a carreira, sendo baixa Manolo Moure por unha pequena lesión.
A carreira tería a súa saída ás 22:30 h. ao son e luz dos fogos de artificio. Os atletas terían que dar unhas voltas pola zona urbana e arredores. Caracterízase por ir “a toda castaña” dende o primeiro segundo e arroupados polo público e cachivaches festeiros.
Gañaría a proba Uxío Abuín, e nas mulleres o faría a local Isabel Sáez. Centrándonos nos nosos, segue na llama Jose Iglesias, que entraría entre os 20 primeiros, e case da man o farían Julio Iglesias, Gonzalo Silva e Óscar Valle.
Boa carreira pois, cerca da casa e valorada positivamente polos participantes ademais de caracterizada como espectacular.
Clasificacións
Oficial (Championchip Norte)
Provisional do circuíto (Championchip Norte)
Os nosos
Fotos e vídeo
Fotos: Club Atletismo A Estrada
Fotos: Club Atletismo A Estrada