A continuación vos achegamos o resumo de carreiras nas que participou o Noitebra nestas últimas semanas.
O Noitebra en Broña |
Intensa actividade con presenza na XVII Carreira Pedestre Popular Concello de Noia (FGA), no IX Cross de Verán de Broña, na IV Media Maratón de Petín (FGA), na XXXII Marathón Popular San Juan de Piñeiro en Mugardos (FGA), na X Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía de Arousa, na VI Carreira do Demo de San Xián de Artes en Ribeira, na XXIX Carreira Popular Concello de Meaño e no III Memorial Manuel Bergueiro en A Estrada. Case nada!
Foto: M. Piñeiro |
O sábado 31 de agosto pola tarde, carreira por equipos na XVII Carreira Pedestre Popular Concello de Noia (FGA). Non reunimos o mínimo para puntuar, pero o club terá en conta aos noitebros participantes de cara ás bonificacións da tempada. Por alí estiveron moitas figuras do atletismo Nacional, e, por suposto tamén as nosas figuras: Óscar Valle, Jaime Rivas Posse, Manolo Moure, Walter Rosales, Ramón Alende, Juan del Puerto e Puri Bermúdez. A nosa atleta acadaría o 3º posto na súa categoría.
Clasificacións de Noia (FGA)
Foto: Fran Méndez |
O domingo día 1 de setembro pola mañá estaríamos no IX Cross de Verán de Broña. En palabras de Fran Méndez, foi unha carreira moi fermosa, duriña polo perfil e sobre todo pola calor (foi as 12 da maña). Moi boa organización, gratuíta e con Shaila no 3º posto da sua categoria. Participamos Gonzalo Silva, Víctor Cerqueiro, Shaila Muñiz mais eu e fallaron no último momento Puri Bermúdez e Ramón Alende.
Clasificación de Broña (Organización)
Foto: Pablo Feijoo |
Foto: Adán R. |
O mesmo sábado día 7 de setembro pola tarde Amador Pena estaría na XXXII Marathón Popular San Juan de Piñeiro en Mugardos (FGA), pertencente ao circuíto da Deputación de A Coruña, no que o noso atleta anda ben situado. Amador finalizaría 9º da xeral e, segundo a a clasificación, 3º na categoría.
E tamén o sábado, pero pola noite, recuperaríase, logo de aprazamento, a celebración da X Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía de Arousa. Por alí andarían Óscar Valle e J. M. Mallo Nieves nunha proba rápida polo casco urbano desta vila.
Foto: M. Caamaño |
Competiría tamén a mañá do domingo día 8 de setembro Amador Pena, acudindo á XXIX Carreira Popular Concello de Meaño. A pesar do esforzo do día anterior, o noso atleta sería capaz de rematar entre os 16 primeiros.
Foto: A. Reboredo |
Ben, amigos e amigas. Esta será a miña última entrada no blog con motivo das crónicas das carreiras nas que vimos competindo nestes últimos anos. Como xa vos irían comentando, por temas familiares e especialmente laborais, eu, Miguel Nogueira, deixarei a dirección técnica da sección de atletismo da que me levo facendo cargo dende os inicios desta disciplina no club. Foron anos intensos e difíciles no seu comezo. De agora en diante a labor da xestión do atletismo será realizada en equipo por parte de Fleky Rodríguez, Fran Méndez, Jose Iglesias (que se incorporará á nosa Directiva) e Manel Mallo.
Eu seguirei vinculado á sección como atleta federado, asesor da directiva e exercendo a plenos efectos como tesoureiro do club. Non me que máis que agradecer ao Presi a confianza depositada en min nesta aventura e chega unha nova etapa na e que máis que nunca o equipo pasa a ser de todos e todas. Grazas a todos/as os que me axudastes e aturastes, pero a vida segue, e toca cambio de ciclo. Creo que queda unha boa base consolidada a partir da que seguir dando pasiños neste bonito proxecto sociodeportivo.
En canto ao blog, quédame por achegarvos, en breve, un par de informacións relativas ao uso das instalacións do Multiusos de San Lázaro para este curso e tamén sobre o balance preliminar ata finais de agosto sobre os dereitos ás bonificacións federadas de atletismo para a próxima tempada.
En canto ao blog, quédame por achegarvos, en breve, un par de informacións relativas ao uso das instalacións do Multiusos de San Lázaro para este curso e tamén sobre o balance preliminar ata finais de agosto sobre os dereitos ás bonificacións federadas de atletismo para a próxima tempada.
E antes de rematar, aquí tedes a foto de equipo froito da boa iniciativa de Fran Méndez e xenialmente executada por Xaime Cortizo:
Link para descargala en máxima calidade: https://www.dropbox.com/s/0kvk26p8b61euae/CARTELNOITEBRAimprimir-01.jpg
Sen máis unha aperta para todos/as.
Miguel A. Nogueira (Pirri)