O Noitebra vén de recibir a subvención do Concello de Santiago pola actividade deportiva da tempada 2012-2013.
Un ano máis o club contará coas axudas económicas do noso Concello, que sumadas ás aportacións de todos os patrocinadores, socios/as así como as achegas directas dos atletas en forma de cuota e donativo, fan posible ano a ano o desenvolvemento do noso proxecto soico-deportivo, en especial da sección de atletismo.
A cantidade concedida foi de 1.632,24 euros que, sen dúbida, axudarán ao club a seguir adiante, e mesmo ofrecendo bonificacións sobre as cotas federativas para a temporada 2013-14 que se acaba de iniciar. Tamén servirá de base para a inminente posta en marcha da sección de BTT en xaneiro de 2014.
Agradecer ao Concello de Santiago a axuda concedida, que en tempos como os que corren faise inestimable.
A Directiva do Noitebra F.C.