sábado, 17 de maio de 2014

V Edición 101km Peregrinos



Velaquí o resumo da proba "estrela" deste ano para os noitebros da sección de BTT. Foron varios meses de espera, rutas de entreno e nervios previos, pero finalmente, podemos dicir que os noitebros Martin Rey, Fernando Barreiro e Jorge Cela acadaron oseu obxetivo.


Comezábamos a nosa viaxe dende Santiago o venres pola tarde cara a Ponferrada cargando as bicicletas na "Furgoitebra", revisando que non se nos esquecera nada (comida, repostos, luces, roupa, etc.), para evitar sustos durante a proba.


A "Furgoitebra" preparada para a viaxe.

Xa de camiño a Ponferrada cruzamonos con moitos equipos da zona de Santiago que seguían o mesmo ruta ca nos coas bicis cargadas nos portabicis.
Logo de desembarcar no hotel, recoller os dorsais, meter no corpo unha boa cea e preparar toda roupa e material para a proba, o noso destino sería a cama a tentar descansar para afrontar o noso reto.
Amanecía e tralo potente almorzo-buffet, dirixímonos cara o estadio de atletismo preto do Estadio do Toralín, dende onde tería lugar a salida.


Velaquí os Noitebros intres antes da saída. 



Os 101km Peregrinos celébranse polos arredores da cidade de Ponferrada, e como o seu nome indica, e unha ruta que consta duns 101 km de recorrido aproximadamente, pasando por paraxes tan famosos como o Parque Das Médulas, ou o Castelo de Cornatel.




Como podemos ver no perfil da proba, tiñamos por diante mais de 3200 de desnivel acumulado, con varios puntos claves no transcurrir da proba. Con especial preocupación mirábamos a dura subida a San Pedro de Trones, previa a enfilar a longa subida cara o Alto da Braña (punto mais alto do percorrido).


Saida puntual as 9:00 da mañá, con bo tempo soleado, pero vento fresquiño nas primeiras horas da mañá. Comezábamos a proba na parte de atrás do pelotón (o que traería problemas mais adiante...) atravesando a cidade de Ponferrada, e abandonando a mesma seguindo o curso do río Sil.

Primeiros km sen moitos problemas (salvo a chuvia de botellíns dos corredores mais adiantados que os levaban mal colocados nas primeiras baixadas) ata chegar as primeiras retencións da ruta.
Neste tipo de probas debido a gran cantidade de participantes (e remarcar a xente que se situa na cabeza quemando roda para despois ter que botar pé a terra por non poder mais) nas primeiras subidas sempre se amontona moita xente nos camiños estreitos o que obriga a facer a pé estes tramos debido o tremendo tapón que se forma, isto provoca que a xente que sae da metade cara atrás, perda moito tempo esperando e subindo andado tramos que de outra forma pódense afrontar na bici perfectamente.

Tras estes primeiros inconvenientes, e atravesar Santalla, proseguimola proba a un ritmo tranquilo mentres a temperatura xa comezaba a subir, e con ela a dificultade, tendo que parar a refrescarse e revisar algúns problemas na bici, pero en xeral afrontando esta primeira parte no ritmo previsto.

Arredor do km 30 da proba, a que sería a "anécdota" da ruta, o noso compañeiro Fernando rompeuselle o soporte da súa GoPro e estivemos mais de 20 minutos buscando entre silvas e matorrais sen atopala, desesperados e xa dándoa por perdida, xusto no momento en que retomábamos a marcha, atopeina de pura casualidade o lado dos nosos pés! 

Trala alegría de recuperar a cámara, chegabamos ata o avituallamento das Médulas, onde trala primeira subida de "nivel" que tiña a proba, afrontábamos unha longuísima e técnica baixada ata o noso punto de descanso previsto para comer e repoñer forzas, que sería no pabillón polideportivo de Puente de Domingo Flórez, alí aproveitamos para limpar as bicis (martín tiña problemas no cambio debido a gran cantidade de polvo), refrescar a cabeza e comer algo.

Foi aquí onde a grupeta de 3 dividiuse, vinme con forzas para seguir e decidin proseguír coa "aventura" de ascender ata a canteira de pizarra de San Pedro de Trones nas horas onde a calor apretaba mais, mentres Martín e Fernando decidiron reposar un rato mais as pernas.

Esta subida foi sen dúbida a mais dura de toda a proba, xusto nas horas de máis calor, cunha pendiente moi marcada, houbo que empurrar moito da bici para poder chegar a cima da canteira; pero como sempre despois dunha gran subida, hai unha gran baixada, e a trialeira que nos tiñan preparada os da organización da proba fixo que os freos traballaran a fartar e puxeron a proba a técnica de baixada por camiños de terra moi solta e pedregosa, sen dúbida esixente pero sobretodo divertida.

A longa baixada levaba de volta a Ponte de Domingo Florez para afrontar una nova subida ata o pequeno pobo de Yeres, foi aquí onde eu parei uns 20 minutos de rigor para revisar a bici, comer, refrescar a cabeza e estirar as pernas (os calambres comezaban a aparecer), agradecer dende aquí o compañeiro que me prestou aceite pra cadea, o que me axudou bastante, (xa que o calor e o polvo comezaban a facer estragos no cambio) pra poder afrontar a seguinte subida en condicións!

O seguinte obxetivo era a longa subida o Alto da Braña, subida sen moita dificultade técnica pero bastante dura tras levar case 70 km nas pernas, os calambres castigábanme bastante, pero a base de andar e pedalear a un ritmo baixo conseguín, por fin, coroar a parte mais alta da proba.
Mais adiante durante a baixada detívenme uns intres para sacar unas fotos  no Mirador de Orellán nas Médulas.


Paisaxe dende o Mirador de Orellán

Tras unha breve parada para repoñer líquidos e provisións, afrontábamos os ultimos 30 km da proba con optimismo, pensando na última subida forte da proba polos arredores do Castelo de Cornatel.


Dura subida, pero fermosa estampa.

A subida era moi dura e técnica, camiños moi rotos, con bastante lama o que non facía maís que mella na cabeza e nas pernas, pero seguimos avanzando sen parar ata Santalla, onde debemos facer unha pausa para remarcar (e non só aquí, en todo o percorrido) a labor da xente dos pobos, volcándose na proba, ofrecendo comida e bebida desinteresadamente, neste caso, aparte das bebidas podíamos atopar, caldo quente, chourizos a brasa, orella, polo, ovos cocidos con pimentón...


Demasiado tentador...

Sinceramente cometín o erro de comer demasiado pensando en que os últimos 10 km serían fáciles, pero a enchenta que levaba enriba fíxome perder forzas e acabar con problemas no estómago, o que me fixo afrontar con bastantes molestias e penurias este último tramo, pero...despois de 90 km non tiña pensado abandonar.

Afrontei os últimos kilómetros da proba xa de noite, e sen apenas forzas, pero coa mente posta en chegar como fora a meta, cada pequena subida faciase interminable, e as pernas xa non querían saber nada de mín, pero a base de ganas e de por a mente en blanco (e para que negalo, coa a imaxe de coller unha ducha e a cama pra descansar), arribei a meta orgulloso de ter rematado a proba.




Finalmente foron 14 horas e 30 minutos o que me levou rematar a proba, penso que con algo maís de preparación e esquivando os primeiros tapóns, o obxetivo de facela en 12 horas non ia quedar moi lonxe, pero iso terá que ser o próximo ano!


Aquí a recompensa o esforzo!


E a proba de autenticidade!








Instagram

Patrocinadores

Arquivo