O
Noitebra tivo representación, este ano tamén, no II trofeo do Clube Atletismo
Santiago - Memorial Pablo Mougán (14/07/2015)
Este ano incrementamos a participación, aínda que ben puidemos e deberíamos de
ser máis. Moitas veces non acudimos a competicións en pista por medo a non
estar a altura ou demasiado respeto polo tartán, cando debería de ser todo o
contrario. A pista é a esencia do atletismo.
Nas categorías inferiores teríamos a Lucas, representándonos tan fantásticamente
coma sempre, subindo ao caixón máis alto do pódium da carreira de 500 ml.
Na seguinte distancia tocoulle o turno a seu pai. Jorge volvería a
probar sorte nos 400 ml. cun bo resultado. Quedouse un pouco na saída, e
nesas distancias non hai marxe para recuperar. Boa marca de todas
formas para o noso compañeiro.
Veu o turno para Amador, esta vez debutando nos 800 ml. Marca decente para ser a
primeira, pero moi mellorable.
A continuación chegou o turno dos 3.000. Na primeira serie Amador completou un
bo día de entrenos tirando ata aprox. os 1.000 metros, donde as pernas lle
dirían basta, retirándose según o previsto. A segunda serie do 3.000 foi donde tivemos maior representación. Habituais como
Miguel Nogueira ou Ricardo Iglesias acompañaron a Daniel Becerra no seu regreso
as pistas despois de …. unha chispa de anos, jeje.
Pirri chegou polos pelos sen tempo case nin para poñer o dorsal. Ricardo pagou
nos últimos metros un ritmo demasiado alto no inicio sendo sobrepasado por Dani
e Pirri, que fixeron unha carreira moi boa case sempre rodando xuntos.
Para pechar a nosa participación neste ben organizado torneo, contamos cun debut en carreiras sobre o tartán. Neste caso Maria Tarrío, que escolleu a proba dos 1.500 para explotar a súa velocidade. Tamén pagou un pouco o excesivo ritmo de inicio, o que lle fixo sufrir máis da conta nos metros finais. Fantástico primeiro contacto coa pista, e de seguro que mellorable nas próximas ocasións.
En definitiva, unha fantástica tarde con boa climatoloxía neste torneo
organizado por segundo ano consecutivo polos nosos compañeiros do Clube
Atletismo Santiago. Esperamos aumentar a nosa participación para o ano e facelo
mellor se cabe.