mércores, 6 de xaneiro de 2016

Novo ano, nova tempada... de ciclismo no Noitebra FC

Ano novo, vida nova, di o dito. Se no atletismo a tempada xa leva dende novembro cunha intensa actividade, e sen cesar coas festas do nadal, no ciclismo a nova tempada comeza a rodar agora en xaneiro.

Foto, CC. Os Saltamontes
Pero antes, cabe salientar que finalizamos unha tempada 2015 chea de participacións nun bo feixe de BTTs, especialmente, por Galicia adiante, e ata o último momento do ano, como foi o caso da Marcha BTT de Nadal en Ribeira, no que contamos coa presenza de M. Nogueira e Martín Rey, co xa coñecido percance deste último (caída) que o levou a pasar polo Hospital do Barbanza, pero sen maiores consecuencias.

Chegamos pois a unha nova tempada federada do noso equipo de ciclismo, que será xa a terceira, nun ano complicado polo incremento das taxas federativas, o que está a provocar certo malestar nos ciclistas galegos e que está a condicionar a configuración dos equipos para o ano 2016. No noso caso, e a pesar das circunstancias, apostamos pola continuidade como federados, pero seguramente con novidades ao respecto, como seguramente sexa a tramitación de licencias cicloturista, e non só de competición, novas prestacións por ser do Noitebra, etc.

Nas próximas semanas iremos informando do transcorrer desta nova etapa do noso equipo (renovacións, baixas, altas, límite de prazas... calendario de marchas, competición, etc.).

Para abrir boca, neste mes de xaneiro contaremos xa con participación en diferentes marchas BTT:
- 10 de xanerio, Salceda de Caselas.
- 17 de xaneiro, Trasmiras.
- 24 de xaneiro, Calo.
- 31 de xaneiro, Ponteareas -por confirmar participación- (marcha FGC).

Tamén poderedes seguir a nosa actividade por medio do Facebook e Twitter do club, onde anunciaremos quedadas e saídas en BTT e estrada, normalmente coincidindo cos compañeiros de Trek Santiago (LaFuga Caffè Grupetta), con punto de reunión na tenda sita  no Castiñeiriño.

Feliz aninovo e forza Noitebra!!

Instagram

Patrocinadores

Arquivo