Celebrando o fin-inicio de tempada
Aproveitando as datas próximas ao nadal, o Noitebra F.C. celebrou a tradicional cea de inicio de fin-inicio de tempada no Restaurante Quitapenas de Sar, que tamén valeu para celebrar as premiacións obtidas no CorreSan 2016.
Gala CorreSan 2016 |
Membros da directiva, da sección de atletismo, da sección de ciclismo e outr@s amigos do club compartirían mesa e unhas boas risas.
Tamén lanzamos novos retos para o inicio do ano, entre os que cabe destacar a preparación dun evento con subida ao Iroite o 1 de xaneiro (ciclismo de estrada, BTT e running). Iremos informando (só para membros do club e amig@s con invitación).
A directiva co propietario do Quitapenas en Sar |