sábado, 20 de maio de 2017

II Milla do Deporte Solidario (3 de xuño, Área Central, Santiago de Compostela)

O sábado 3 de xuño, en Area Central (Fontiñas, Santiago de Compostela), celebrarase o 3º día do deporte solidario, con múltiples actividades para cativos e adultos dende as 11h. da mañán ata as 21h., e das que poderedes ter máis información no seu facebook: https://www.facebook.com/D%C3%ADa-Do-Deporte-Solidario-En-%C3%81rea-Central-403315033363775
Este ano, os donativos irán destinados á Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago de Compostela (AGADEA).

PROGRAMACIÓN EN PDF

Unha das actividades estrela da xornada será a II MILLA DO DEPORTE SOLIDARIO, con carreiras en moitas categorías a disputarse dende as 18h. da tarde do sábado. Toda a información e inscricións (FGA) neste enlace: http://www.carreirasgalegas.com/…/0ac33682-d27c-0dcb-8d82-3…

Así mesmo, a organización precisa de VOLUNTARIXS, polo que se alguén quere colaborar, pode poñerse facelo a través deste formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScUl2YWb1UZiPfYblKNiHFlc0IlE5q7Ajt-S3Iukri_h9PmzQ/viewform?c=0&w=1

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN E COLABORACIÓN COA CAUSA!

Grazas!

Instagram

Patrocinadores

Arquivo