luns, 2 de decembro de 2019

Comunicado: OS ATLETAS COMPOSTELÁNS PIDEN UNHAS INTALACIÓNS HOMOLOGADAS PARA PODER REALIZAR COMPETICIÓNS






A comarca de Compostela é unha das maiores canteiras de atletas federados de Galicia (o redor de mil so na cidade), ademais de contar cun gran número de afeccionados ao atletismo e as carreiras populares. O que non ten o área de Santiago son unhas instalacións de atletismo a altura da súa condición de Capital de Galicia, pois existen dúas pistas sen homologación e cunhas condicións de conservación deficientes. Mentres que calquera das outras cidades de Galicia, ou mesmo poboacións moito máis pequenas, posúen pistas de atletismo onde celebrar competicións oficiais.


Por este motivo todos os atletas, as súas familias, os clubes de atletismo de Compostela e moitos da contorna, decidiron visibilizar este problema de déficit de instalacións deportivas. E para iso nada mellor que xuntarse todos no final do camiño de Santiago e peregrinar, marchar, camiñar ou correr todos xuntos cara a praza do Obradoiro. A cita será o sábado día 7 de decembro, dende a rúa de San Pedro, saíndo as 18:30 horas. A intención e amosar a unidade de todos, nunha petición común aos responsables das distintas administracións para que se procuren solucións. O Concello e a nova concelleira son receptivos a demanda do tecido atlético máis faltan outros apoios institucionais e un compromiso firme, real e inmediato por tódolos implicados. Nas últimas semanas, tamén estase a facer unha recollida de sinaturas, para deixar patente o apoio popular da iniciativa.

O obxectivo último é, ter unhas instalacións deportivas que garantan o desenvolvemento do atletismo nunhas condicións que permitan a celebración de competicións. Feito que daría a posibilidade de que en Compostela se poda albergar, a finais do ano 2020 ou no próximo ano santo 2021, unha competición oficial nunhas instalacións homologadas. Lévase moitos anos demandando por parte dos clubes e atletas una solución, máis sempre existen atrancos burocráticos, momentos non oportunos, inversións en actividades deportivas prioritarias ou dificultades presupostarias extradeportivas. Non se trata dunha queixa ou demanda dun grupo interesado, nin movido por intencións particulares, simplemente estase pedindo o que en xustiza se merece e lle corresponde á nosa cidade. Parece que este pode ser un bo momento, para que a capital de Galicia dispoña dunhas pistas de atletismo homologadas e que a cidadanía poida desfrutar do deporte do atletismo nas mellores condicións.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo