sábado, 31 de outubro de 2009

Atletismo Noitebra: Foto de grupo da Pedestre de Santiago 2009

Pois xa recibimos a foto de grupo da carreira de Santiago. Témoslle que dar as grazas a Fleky e á súa moza pola súa realización, cumplindo coa tradición destes últimos anos ao finalizar a proba.
Na foto faltan algúns noitebros como, por exemplo, Nacho, que tiña partido de baloncesto, ou Michel, que estaba a correr a maiores a carreira dos pequenos. Tampouco puidemos contar coa presenza de Maui que tivo que marchar antes:


Na foto podedes ver, por arriba e dende a esquerda, a Sochas e Xandra (de Correr en Galicia), que nos teñen prestado tantas fotos de forma desinteresada e que nos axudan a ilustrar as crónicas das carreiras no blog, Miguel, Jaime, Fernando, os rapaces en representación do Wellness Sport Center, e por abaixo dende a esquerda, Pepe, Fleky, Félix e Marcos (o nosos patrocinador, de SADEGA e Wellness Sport Center).

O ano que vén esperamos ser máis para poder facer unha boa foto nun lugar tan emblemático coma este.

Patrocinadores

Arquivo