domingo, 22 de novembro de 2009

Atletismo Noitebra: V Carreira Popular de Vedra

O trofeo quedou en Vedra...???

Unha semana máis, neste cargadiño mes de novembro, os atletas noitebros nos dispuxemos a competir nunha nova carreira, pero nesta ocasión cerquiña da casa: en San Fins de Vedra. Trátase dunha carreira de 7,5 km de percorrido que xa levaba uns anos sin celebrarse, polo que agradecemos ao Concello e ao Club Olímpico de Vedra que volvesen a retomar a súa organización.
O caso é que o día (domingo pola mañá) non pintaba nada ben, chovendo e facendo algo máis de frío que o día que nos desprazamos a Ourense. Fomos da partida, Nacho, Jaime, Félix e Miguel, sendo baixa de última hora Pepe (por motivos laborais), e acompañados por Fleky (Atl. Milladoiro) e Martín (Club Oliveira). Unha vez en San Fins, puidemos comprobar como, a pesar de haber outras carreiras (como, por exemplo, a media maratón de Vigo), e estar o día como estaba, había moita xente coñecida que non quixo faltar a esta cita.

Non paraba de chover, e incluso facía algo de vento, pero xusto cando viña sendo a hora da saída deixou de caer auga, como sucedera en Negreira e Ourense, polo que xa a situación era máis favorable. Fíxose pois a saída, moi puntual, e coma sempre, cada un a coller o seu ritmo, nun circuito, non moi difícil en cuestión de ramplas, que constaba de varias voltas para sumar finalmente os aproximadamente 7,5 km. Félix, Martín (en recuperación dunha lesión) e Miguel fixeron grupo ata o km 3,5, para logo este último tirar millas para diante na procura de Fleky (remataría no posto 18) . Por detrás, Nacho e Jaime non andaban moi lexos o un do outro (o primeiro tería que dobrar cun partido de basket pola tarde, e o segundo vén de recuperarse da gripe, ¿A?).

Ao final boas sensacións na chegada á meta, onde nos esperaba unha bolsa con botella de auga, un pasteliño e unha mazá (ai, ai, ai, Pedestre de Santiago...). Aproveitamos para rodar un pouco para soltar, e xa pronto chegou novamente a choiva, polo que marchamos de Vedra sen esperar á entrega de premios.

E foi pola tarde cando, unha vez publicadas as clasificacións oficiais, nos enteramos de que Félix gañou o trofeo do 3º posto na categoría de Veteranos II, pero polas présas e o mal tempo o deixamos en San Fins (xa veremos se nolo deixan recoller). Felicitamos por tanto a Félix polo premio, que é o primerio logro da temporada por parte dun membro do equipo, que o gañou a peito, axudado nesta ocasión por Martín (gregario de super luxo para o amigo Félix).

A próxima carreira disputarémola en Lestrove o 5 de decembro.


Clasificación:
Resultados oficiais



Perfil e circuito:

Perfil


Circuito




Fotos da carreira:

Por xentileza de Nirvioso (Correr en Galicia)


Intres antes da saída



Nacho e Jaime na saída


Fleky, a todo tren


Miguel, Félix e Martín en grupo na 1ª volta


Jaime e compañía


Nacho


Miguel na 2ª volta


Martín tirando de Félix


Jaime, sufrindo...


Moi cerca, Nacho


Chegando á meta


Empurrón final


Útimos 100 metros


Preparando o sprint


Trote final dos noitebros


Fotos por xentileza de Pache (Correr en Galicia):











Patrocinadores

Arquivo