A mañá do pasado domingo comezamos a nova tempada (2009/2010) asistindo á XXX Carreira Popular de Negreira, moi tradicional na nosa comarca, e que a xente acostuma a participar en masa aproveitando o tirón da Pedestre santiaguesa. No obstante as diferencias son evidentes, xa que en Negreira sí que se molestan en atender ben aos corredores (auga, isotónicas, un camiseta algo decente, agasallos da Voz de Galicia... e sobre todo, moi bo trato...).
Asistimos un bo número de noitebros: Nacho, Fernando, Michel, Félix, Pepe e Miguel, sendo baixa de última hora Jaime por un resfriado, e acompañándonos Alfonso, como xa ten feito noutras carreiras. O día ameazaba choiva, pero ao final respetounos e disfrutamos dunhas moi boas condicións para darlle tralla no difícil circuito de Negreira, duns 10 km de distancia con continuas subidas e baixadas, polo que era complicado manter un ritmo constante.

A saída foi bastante puntual, participando moitas persoas, aínda que cremos que non chegaban ás mil persoas. Como noutras ocasións, fixemos grupiños no equipo para levar mellor a carreira. Así por unha banda estaban Michel, Fernando e Nacho, que foron pouco a pouco collendo o ritmo, metendo algo máis de intensidade Michel na parte final, para facer uns 44 minutos, polos aproximadamente 48 de Fernando e 49 de Nacho (por confirmar cando se publique a clasificación oficial). Por outra banda fixemos un cuarteto Alfonso, Pepe, Félix e Miguel, reservando forzas para o final Alfonso a partires do km 5 (uns 41 minuto ao final), chegando os demáis xuntos e a un bo ritmo, permitíndonos facer o último km en aproximadamente 3'30'', para chegar nuns 40 minutos e pocuo, quedando moi cerca do obxectivo marcado para esta carreira.
Ao final ducha (fría por non variar) e de volta para Santiago pensado xa na próxima carreira, a Popular de San Martiño, en Ourense o 15 de novembro ás 11.00, na que nos daremos tamén cita a maior parte do equipo.
Finalmente queremos agradecer a Gonzalo o feito de que nos retirara él os dorsais do noso club no Concello, e felicitalo pola súa boa clasificación (entre os 30 primeiros).
Perfil da carreira:Asistimos un bo número de noitebros: Nacho, Fernando, Michel, Félix, Pepe e Miguel, sendo baixa de última hora Jaime por un resfriado, e acompañándonos Alfonso, como xa ten feito noutras carreiras. O día ameazaba choiva, pero ao final respetounos e disfrutamos dunhas moi boas condicións para darlle tralla no difícil circuito de Negreira, duns 10 km de distancia con continuas subidas e baixadas, polo que era complicado manter un ritmo constante.

A saída foi bastante puntual, participando moitas persoas, aínda que cremos que non chegaban ás mil persoas. Como noutras ocasións, fixemos grupiños no equipo para levar mellor a carreira. Así por unha banda estaban Michel, Fernando e Nacho, que foron pouco a pouco collendo o ritmo, metendo algo máis de intensidade Michel na parte final, para facer uns 44 minutos, polos aproximadamente 48 de Fernando e 49 de Nacho (por confirmar cando se publique a clasificación oficial). Por outra banda fixemos un cuarteto Alfonso, Pepe, Félix e Miguel, reservando forzas para o final Alfonso a partires do km 5 (uns 41 minuto ao final), chegando os demáis xuntos e a un bo ritmo, permitíndonos facer o último km en aproximadamente 3'30'', para chegar nuns 40 minutos e pocuo, quedando moi cerca do obxectivo marcado para esta carreira.
Ao final ducha (fría por non variar) e de volta para Santiago pensado xa na próxima carreira, a Popular de San Martiño, en Ourense o 15 de novembro ás 11.00, na que nos daremos tamén cita a maior parte do equipo.
Finalmente queremos agradecer a Gonzalo o feito de que nos retirara él os dorsais do noso club no Concello, e felicitalo pola súa boa clasificación (entre os 30 primeiros).

Clasificacións:
Xa publicados na Web do Concello de Negreira

Fotos da carreira:
Por xentileza de fotoatletismo.com







Por xentileza de Flip (Correr en Galicia)
Nacho
Por xentileza de Moses (Correr en Galicia)
Por xentileza de Nirvioso (Correr en Galicia)





