luns, 16 de novembro de 2009

Atletismo Noitebra:XXXIII Carreira Popular do San Martiño

E chegou o día doutra das grandes carreiras de Galicia, como é a do San Martiño, en Ourense. Pero a cousa non comezaba ben, cun día que tiraba para atrás, chovendo e chovendo sen parar. Así, saímos de Santiago un bo grupo de, "tolos", como diría aquel, que se empeñaron en ir correr nunha mañá na que o mellor que se podía facer era quedar na casa quentiño. O caso e que fomos da partida Nacho, Pepe, Félix, Fernando e Miguel por parte do Noitebra, acompañados de Alfoso, Jonal, Marcos (e colegas) e Gonzalo.

O caso e que alá fomos chegando, nun plis a Ourense (bendita autopista), onde un contacto de Félix na cidade das burgas xa nos tiña recollidos os dorsais e chips de control (mil grazas pola axuda desinteresada). Afortunadamente foi deixando de caer auga, e a temperatura era bastante boa para competir. O ambiente da carreira, a pesar do clima, impresionante, e a organización, do mellor (puntualidade, avituallamento, control de tempos, duchas con auga quente, etc.).

A saída do gran grupo foi a fume de carozo, o cal indicaba a calidade e nivel dos participantes. Coma noutras carreiras, diferentes obxectivos entre os que asistimos, pero como vimos facendo nas últimas carreiras, fixemos estratexia de equipo para tentar baixar de 40 minutos no 10.000m, e case o logramos (Miguel, Pepe e Félix), nunha carreira moi propicia para elo xa que o perfil así o permitía, se o comparamos con Negreira; Alfonso, na súa liña, collendo forma.;Jonal, un bo rapaz que vimos de coñecer e que corría por primeira vez nesta carreira, facendo o tempo que tiña previsto; Fernando, hoxe máis intenso pero sen perder o humor; Boa progresión de Marcos que xa lle vai collendo o tono ás carreiras; e Nacho manténdose no seu nivel a pesares de toda a tralla que lle mete á semana. Coma sempre, destacar o tempazo de Gonzalo (menos de 36 minutos), a pesar de andar mal do estómago...

Ao final, chegaba o peor, a choiva, que nos respetara durante a carreira, nun mal momento no que estabamos parados e en quente. Polo demais, nada novo con respecto a outras edicións, salvo que puidemos ver reaparecer a Nimo, que foi acompañando a Oscar Pereiro, entre outros ilustres.

E esto non para. A semana que vén toca unha carreira cerquiña: San Fins, en Vedra, o domingo 22 de novembro ás 11.00h.



A carreira na prensa:

La Región de Ourense



Perfil da carreira:



Clasfiacións:


Oficial Championchip

Noitebros e amigos



Vídeos da chegada (strands.com):

Miguel Pepe e Félix (vídeo 00:40)


Alfonso (vídeo 00:41)

Jonal (vídeo 00:45)

Fernando (vídeo 00:46, casi non se lle ve)

Marcos
(vídeo 00:47)

Nacho (vídeo 00:50)




Fotos dos noitebros e compañía:


Por xentileza de jorbaiona (Correr en Galicia)

Pepe e Félix nos metros finais


Por xentileza de Fotoatletismo.com

Alfonso (á esquerda), na meta


Por xentileza de Pipe (Correr en Galicia)



Por xentileza de Billa (Correr en Galicia)


Miguel

Jonal (531)



Fernando

Marcos y compañía (862)

Nacho

Patrocinadores

Arquivo