domingo, 20 de decembro de 2009

Atletismo Noitebra: VIII Carreira Solidaria Lugo Monumental

En Lugo, correndo baixo cero.

Xa tocaba o día no que tiñamos que correr cunha temperatura propia da época, e si en anos anteriores ese día era o da carreira de Ourense, este ano , ata a popular de Lugo non tivemos temperaturas baixo cero.
Partimos dende Santiago ás 9 da mañá con temperaturas moi baixas, pero alá fomos Fernando, Pepe e Miguel por parte do Noitebra, e os nosos amigos Dani, Jonal e Martín. Longa viaxe nunha mañá coa estrada chea de xeada nas súas veiras. Unha vez en Lugo, esta vez si (non como en Ferrol), retiramos os dorsais sen apenas agardar e dispuxemos de tempo abondo para facer o quecemento. Nos abrigamos a base de ben e xa nos encamiñamos cara a saída, onde nos situamos cada un no seu respectivo caixón (Martín no dos cracks, Pepe onde os que xa tiñan boa marca doutros anos, e os demais, pois ao final).
Saída polas estreitas rúas da zona vella e logo a mallar por un circuíto cuxas primeiras voltas ao longo do exterior da muralla eran de perfil moi suave, aínda que o frío (-1 grados na saída e logo 0 grados o resto do tempo) dificultaba a comodidade. O peor estaba na volta polo alto da muralla, preciso polo contorno, pero duro polo terreo (area dura algo húmida) e por varias costas de pendente constante. Ao final chegada preciosa na praza do Concello, pasando pola zona da Catedral, onde había algo de xeo no chan (así nolo avisaron).De regalo déronnos unha pequena carteira para zapatillas (Joma), auga e iogur (aquí si, non coma en Fene).
No postcarreira, ducha quente, pero supersaturada de xente e comida na compaña doutros amigos que participaran na carreira.
En canto aos resultados, moi bo tempo de Martín (34:23, posto 39), que pouco a pouco se vai recuperando da súa lesión; Eu (Miguel), na miña liña, pero hoxe si ben protexido do frío; Pepe, que tiña algunha molestia, posiblemente pagou o esforzo da media-maratón de Fene; Dani, facendo un moi bo tempo, e con boas sensacións; Jonal, tamén mellorando as súas marcas persoais e gozando do circuíto: Fernando, que leva un tempo arrastrando molestias, o fixo o mellor que puido, e inda enriba sufrindo flato ao pouco de comezar por causa do aire tremendamente frío.

A próxima carreira será este sábado 26 de decembro en Pontecesures a partires das 17:20h (só se aceptarán inscricións por correo electrónico ou teléfono ata o 23 de decembro ás 14h.).



Clasificacións:

Oficial (Championchip)





Perfil e circuíto:

Perfil



Circuíto




Fotos:

Grazas a correcaminos2 (Correr en Galicia)

Fernando e Jonal (483)

Pepe

Jonal

Fernando

Dani (de branco e con gorro)

Primeiro plano de Jonal baixando da Muralla


Fotos por xentileza de maridopi (Correr en Galicia):

Martín






Patrocinadores

Arquivo