domingo, 13 de decembro de 2009

Atletismo Noitebra: XXIV Media Maratón Volta á Ría

XXIV Media Maratón Volta á Ría (Fene): saída en frío, frío

Esta semana tocou deprazarse a terras de Ferrol, para disputar a media maratón de Fene. O día acompañaba para a práctica do running se non fose porque apenas asomou o sol e o frío fíxose sentir. O caso é que chegamos con tempo abondo os noitebros e amigos (Pepe, Miguel, Dani, Jonal e Fleky), pero unha vez alí había organizada unha boa cola para a retirada de dorsais, e entre unhas cousas e outras case que non chegamos a tempo á saida, polo que estabamos fríos, fríos (no meu caso xa saben de que falo os meus compañeiros...).
O percorrido desta carreira era inmellorable, dando toda a volta á Ría de Ferrol, pero o perfil era algo complicado sendo a distancia que era, con moitas "pequenas" costas e espazos abertos onde petaba o vento o suficiente como para facer resistencia e complicar os ritmos. Tampouco había moitos puntos kilométricos indicados, polo que resultaba complicado saber o que quedaba á meta. No obstante si que había moitos puntos de avituallamento, pero co frío que facía, pouco apetecía beber, e menos tirar a auga por riba dun. Na chegada tamén estimamos necesaria algunha peza de froita ou boliño para comer, xa que despois de semellante esforzo, o corpo pedía papas, especialmente cando viñamos de volta para Santiago. O mellor, sen dúbida, a ducha quentiña.
En canto aos resultados da carreira, moi bo tempo de Fleky, que por fin ten marca decente nunha media (pouco máis de 1h. 23 minutos), de máis valor se temos en conta que a distancia real estivo sobre os 21.300 metros (tiñan que ser 21.097 m). Carreirón de Pepe que superou con creces a súa meta particular, deixando o crono en pouco máis de 1 h 28 minutos. Os demais, a cumprir o trámite, con Dani atrevéndose cunha media, cando apenas ten corrido carreiras nestes meses, e Jonal, que dicir, estrenándose na distancia e cumprindo sobradamente, e o mellor: desfrutando. Miguel, cheiño de frío, que a pouco máis abandona no km 9, pero total, había que dar a volta, je, je... así que tiramos para adiante para terminar en 1h 31 minutos, cumprindo tamén o plan fixado, se non fose polo sufrimento ao non entrar en calor en ningún momento (tomamos boa nota para Lugo).

Próxima cita en Lugo. Recordar aos atletas noitebros que queiran ir, que o plazo de inscrición remata o mércores 16 de decembro ou ata completar 1600 inscritos (1300 na web, e van uns 1050). Avisádeme para facer a inscrición e pago vía web, se é que non o facedes xa pola vosa conta.


Clasificación:
Oficial



Percorrio da carreira:




Fotos:

Por gentileza de billa álbum 1 y 2 (Correr en Galicia):




Fleky



Jonal (en segundo plano)


Por gentileza de pietropuki (Correr en Galicia):



Dani (de branco, encabezando a foto)







Por gentileza de mymicrichy (Correr en Galicia):





Patrocinadores

Arquivo