Esta fin de semana tivemos representación internacional do Noitebra na media martatón de Viana do Castelo grazas á participación de Manolo, que despois de recuperarse dunha molesta lesión de varios meses de duración, atreveuse cunha distancia longa, e aínda enriba se desprazou ata Portugal para disputar una proba moi valorada polos atletas galegos (case a metade eran corredores da nosa autonomía) polo trato, polos premios para a xente da nosa comunidade… Así, puidéronse ver moitas caras coñecidas do circuíto de carreiras populares galegas nunha competición que contou cun total de 1363 atletas que chegaron á meta.
O noso compañeiro Manolo rematou no posto 1226 da xeral e 155 da súa categoría, cun tempo de 2h. e 58 segundos (2:00:58), co mérito que ten despois de tanto tempo sen competir e adestrar para a distancia.
Clasificación xeral
Álbum de fotos oficial
VII Memorial Eduardo Fernández Villamarín, Rábade (Lugo)
Tamén na mañá do domingo se disputaba a carreira de Rábade a cal asistimos do Noitebra Miguel e Michel, xunto cos seus amigos Fleky, Gonzalo e Jonal, nunha mañá que prometía co bo tempo, pero que una vez chegados ao destino puidemos comprobar como facía fresquiño e aínda chovía algo.
A carreira é das de facer marca, cun perfil moi plano. Ademais, o feito de haber premios en metálico elevaron o nivel da participación, que a pesar da carreira de Viana e doutras que se celebraban o mesmo día, foi de 342 atletas. Como era de esperar o desenvolvemento da carreira foi tremendamente explosivo, facéndose o último km, que transcorría polo medio do pobo, interminable.
Por orde de chegada, temos que citar o bo tempo de Gonzalo (coma sempre) a pesar de estar lesionado un cuadríceps (posto 25 da xeral, cun tempo de 17:32); Tempazo de Fleky que demostrou a súa valía nestas probas rápidas (posto 29, cun tempo de 17:36).
Clasificación dos noitebros:A carreira é das de facer marca, cun perfil moi plano. Ademais, o feito de haber premios en metálico elevaron o nivel da participación, que a pesar da carreira de Viana e doutras que se celebraban o mesmo día, foi de 342 atletas. Como era de esperar o desenvolvemento da carreira foi tremendamente explosivo, facéndose o último km, que transcorría polo medio do pobo, interminable.
Por orde de chegada, temos que citar o bo tempo de Gonzalo (coma sempre) a pesar de estar lesionado un cuadríceps (posto 25 da xeral, cun tempo de 17:32); Tempazo de Fleky que demostrou a súa valía nestas probas rápidas (posto 29, cun tempo de 17:36).
Clasificación oficial (CHAMPIONCHIP NORTE)Perfil e Percorrido da carreira:
Vídeo:
Grazas a Jose09 (Correr en Galicia)
Fotos:
Cando se publiquen






