domingo, 7 de marzo de 2010

Atletismo: Popular de Padrón e Interruning de O Porriño

VIII Carreira Popular de Padrón: boa tarde de sábado para correr entre coñecidos

O sábado pola tarde asistimos a Padrón para competir na pedestre cunha concorrida participación, dos cales moitos coñecidos, como Fleky, Gonzalo, Martín, Oliveira, Nacho (Atl. Noia), amigos do CAR Santiago, Atl. Fontes do Sar e un longo etc. que facía palpable a proximidade que temos dende Santiago con esta vila e as gañas de correr do persoal. Unha carreira de perfil plano, con case 10.5 km nun circuíto de dúas voltas arredor do río , polo que se presumía rápida.

Alí nos desprazamos do Noitebra e amigos Félix, Miguel, Jonal, Alfonso, Marcos e Manolo. Este último, por causa dunha lesión o martes, non completou a carreira, pero fixo dignamente unha volta de algo máis de 5 km, con boas sensación de cara a súa recuperación. Tamén asistiu como espectador Michel, que nos animou en todo momento, como moitos outros coñecidos entre o público, incluído o bo de Moncho, que tivo a xentileza de facernos unhas fotos.

Saída superpuntual e a dar tralla no asfalto, como era de esperar, onde todos sufrimos o noso como ben se pode ver nalgunhas das fotos. Ao final merecido premio de Aquarius ¡de litro!, auga e pasteliños, que nos viñeron moi ben, ademais dunha boa camiseta técnica de regalo que xa nos entregaran cando retiramos os dorsais.


Clasificación dos noitebros:

Accceso á clasificación oficial


Fotos:

Por xentileza de lentoperosejuro (Correr en Galicia)











Máis grazas a sochas (Correr en Galicia)









Vídeo grazas a Jose09 (Correr en Galicia):







IV Carrera Popular Intersport Piñeiro "Interrunning 2010": o domingo estreo nun 10.000 idóneo para facer marca

O domingo pola mañá tiramos millas cara O Porriño Nacho, Pepe e Miguel para participar nesta carreira suspendida no seu día polo tremendo temporal que ía vir, pero que ao final non foi tanto. O caso e que tiveron a xenial idea de escoller o 7 de marzo para celebrala, coincidindo coa previa de Padrón e tamén co Campionato de España de Cross na Coruña, pero évos o que hai.

A mañá non pintaba moi ben, e chovía algo, se comparamos co día anterior en Padrón, pero ala fomos coa intención de coñecer esta carreira, que pintaba moi ben polo que falaba a xente do atletismo popular. Trátase dun 10.000, creo que homologado, plenamente urbano, nun circuíto de tres voltas e cun perfil plano que non defraudou, especialmente grazas aos ánimos do público que se citou en bo número. Como sempre, retiramos dorsais, quentamos, e xa puidemos comprobar que había moita xente, a pesar de que faltaban moitos coñecidos que non quixeron dobrar carreiras, aínda que había moitos outros que si se animaron a repetir esforzo.

A saída foi un pouco embarullada, sen saber realmente para onde tirar, e retrasouse algo, pero logo que deron o pistoletazo xa todo foi rodar e rodar. Moita xentiña había, repito, o que demostra como este deporte vai gañando adeptos ano tras ano, e só quedaba gozar (figuradamente, xa que sufrir sufrimos) coas tres voltas ao centro da vila.

Na chegada, e case sen recuperar o alento, tiñamos para deleitarnos Coca-cola, auga, rosca, barriñas varias de chocolate, e unha boa tapa de callos, acompañada dun boliño de pan (o mellor para o corpo nada máis rematar, pero non por iso a deixei quedar no meu caso…).

Os nosos resultados os podedes ver na táboa correspondente, destacando a boa marca de Nacho e tamén a carreira de Pepe a pesar de ter algo (bastante) de trancazo.


Clasificación dos noitebros:

Accceso á clasificación oficial


Fotos:

Por xentileza de xinzo (Correr en Galicia):






Fotos grazas a Billa (Correr en Galicia):







Máis por xentileza de Juancarlos (Correr en Galicia):



Aquí vídeos de O Porriño grazas a matogrosso (Correr en Galicia)


Patrocinadores

Arquivo