A semana pasada os atletas do Noitebra participaron en dúas carreiras moi preto de Santiago, seguindo así co intenso ritmo marcado neste mes.
O sábado, Pepe e Miguel estiveron en Rois para disputar a XXII Carreira Pedestre Popular do San Isidro, marcada pola intensa calor e dureza propia do circuíto. Ás 18 h. e cuns 30 grados de calor á sombra, saíron todos os participantes da carreira absoluta, temerosos co que lles quedaba por diante, nun circuíto, como dixemos, duro, caracterizado polos continuos tobogáns ao longo de 7 kilómetros entre pista asfaltada e camiños pedregosos.

Pepe realizou moi boa carreira a pesar das circunstancias, pero estivo ben acompañado nun grupo que levaba un ritmo xeitoso. Miguel, un pouco máis atrás, probándose, no enésimo intento por abandonar as molestias do xeonllo, e acusando a calor e as últimas costas arriba.
Ao final auga e máis auga para recuperarse do esforzo nunha tarde dura para a práctica deportiva.
Ao final auga e máis auga para recuperarse do esforzo nunha tarde dura para a práctica deportiva.
Ao día seguinte, cita na XV Carreira Popular do Concello de Ordes onde estiveron prestos para correr, noutro día de calor intensa, Fernando, Nacho, Félix e Miguel, xunto con bos amigos como Cesar e José Manuel (quen sabe se próximas fichaxes). O circuíto desta carreira de algo máis de 9 km. tamén tiña dureza, con subidas e baixadas case constantes, que xunto á hora da carreira (sobre ás 12 h. da mañá) complicaban o asunto nos últimos tramos.
Ao final tempos moi discretos marcados pola calor, pero contentos por chegar enteiros para gozar dunhas isotónicas ao finalizar.
Clasificacións Rois:
Oficial aquí
Clasificación Ordes:
Oficial aquí
Fotos Rois:
Cando se publiquen
Fotos Ordes:
Cando se publiquen