Unha semana máis calzamos as zapatillas para competir sendo o noso destino o medio maratón da Coruña. Como sempre tocou madrugar en domingo, saíndo dende Santiago os noitebros Fernando e Miguel, xunto con Ricardo (Atl. Ría de Ferrol). Na cidade herculina esperábanos Manolo para completar o grupo do noso equipo federado, ademais do noso amigo Marcos, que debutaba oficialmente na distancia.
Unha vez realizados os trámites de costume (retirada de dorsal, quencemento…) e saudar a moitos coñecidos (Martín, Gonzalo, Nacho Calvo…) chegaba o momento de comezar a proba (10.30 h.), nun día bastante propicio para correr, e máis aínda grazas ao perfil plano do circuíto da carreira, que constaba de 3 voltas que permitían levar un ritmo constante e exprimirse individualmente segundo nos acompañasen as forzas.
Como era de esperar a xente esixiuse bastante nesta carreira e o ritmo de partida, polo propicio do terreo, foi alto. Os noitebros terminaron con sensacións diversas, pero en xeral positivas, destacando o bo tempo realizado por Fernando e o esforzo de Manolo por terminar a pesar das molestias nas costas xa dende o principio. No caso de Marcos, obxectivo cumprido.
En definitiva e para futuras participacións, boa carreira para preparar como obxectivo para facer marca, e discreta a nivel organizativo, ideal tamén para quen se inicie na distancia.
Ao día seguinte Miguel tamén acompañou ao noso amigo Fleky á carreira da Virxe da Guía (Carreira, Ribeira), onde se citaron tamén xente do día anterior como Martín e Gonzalo. No caso deste último e Miguel, ao final non puideron competir por molestias no quecemento inicial, pero puideron gozar in situ cómo os primeiros clasificados en cada categoría rompían o record da proba (masculino e feminino).
Clasificacións A Coruña:
Oficial aquí
Fotos da carreira:
Grazas a admin (Correr en Galicia):
Grazas a xuncall (Correr en Galicia):
Fotos grazas á FGA:
Vídeos:
strands.com (require rexistro para ver os vídeos)