domingo, 10 de outubro de 2010

Atletismo: IV Carreira Popular A Coruña 10. Campionato Galego de 10 km

Boa mañá de domingo para correr a que tiveron os nosos atletas noitebros e amigos na Coruña para disputar a Carreira Popular e Campionato Galego de 10 km en ruta. Numerosa expedición a que partía de Santiago pola mañá, con Fernando, Jaime, Félix, Dani, Marcos "SADEGA", Gonzalo, Marcos G., Martín, Christian, Fleky e Miguel, aínda que este último só de espectador por causa dunha contractura. Tamén foron baixas Jonal e Nacho. Na Coruña esperaba Moncho para completar o cuarteto federado do Noitebra inscrito na carreira.

Foto de grupo ao finalizar a carreira


Pouco hai que comentar xa desta carreira, que cada ano vai a máis en participación, e que nesta edición superou os 1800 atletas que finalizaron a proba, que ten moito mérito para ir só pola 4ª edición.
O circuíto, de 10 km homologados, bastante chás, pero esixentes, e que invitan a ir rápido, polo que se sufre como un cadelo, especialmente na última zona onde hai que correr a contrameta e vir de volta para finalizar.

En definitiva, bo día para gozar da carreira entre amigos, nada que ver co tempo da semana pasada, aínda que se botou en falta un avituallamento final máis abundante, suplido polo bo humor e o sol. E dar as grazas a Fema por ternos recollido os dorsais e camisetas de forma anticipada.



Clasificación:

Oficial Xeral aquí
Oficial Campionato Galego aquí

Os nosos na xeral:



Fotos:
[Amosar/Ocultar]

Instagram

Patrocinadores

Arquivo