luns, 25 de outubro de 2010

Atletismo. Medio Maratón Pontevedra e Carreira de Ames

Domingo con dobre cita para os atletas noitebros, con participación en Pontevedra e Ames.

O primeiro en arrancar sería o XV Medio Maratón de Pontevedra (10.30h.), ata onde se desprazaron os dous Marcos, Félix, Dani, Fernando, Jonal, Nacho e Miguel. Esta carreira tiña a sona de posuír un circuíto “rápido” onde moita xente facía marca persoal (non defraudou), e coa idea de facelo ben nos presentamos no lugar, e con mellor clima do esperado (non choveu ata o final).

O percorrido, como dicíamos, moi plano, e transcorría por diferentes rúas completando dúas voltas para rematar no interior do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, con bastante público presente nas gradas e a pé de pista.


Perfil


Percorrido
Carreira virtual


Os resultados dos nosos foron en xeral fantásticos, destacando a marca e progresión de Jonal e tamén as marcas persoais de Dani (despois de ter corrido o Maratón de Ourense e Coruña 10 semanas atrás), Marcos ou Nacho. A destacar o 4º posto na súa categoría do noso acompañante Marcos Gosende.

En definitiva, todos contentos coas marcas e coa carreira, moi ben organizada (parecía un campionato federado), e con bo avituallamento final para recuperar forzas.


Máis cerca de Santiago quedaron Jaime, Moncho, Julio e os nosos debutantes no club Shaila, Fran e Moisés, para participar na XI Carreira Popular de Ames, celebrada en Bertamiráns.

O primeiro en correr foi o noso cadete Moisés, nunha distancia de 2,5 km ao longo do paseo fluvial facendo un bo resultado se temos en conta que aínda está comezando nesto do running.
Non sería ata as 12h. cando sairían a competir os atletas da categoría absoluta, nun percorrido duns 7,6 km (oficialmente), por un percorrido bastante atractivo, e no que o clima respetou aos corredores ata a entrega de trofeos, no que a nosa compañeira Shaila logrou o 3º posto na súa categoría, e pola cal lle damos dende aquí a nosa felicitación.

Shaila co trofeo ao 3ª posto

En canto aos demais, destacar o bo papel de Julio, que vai collendo a forma despois de vir arrastranto certas molestias tempo atrás.

Xa só queda a última cita da tempada 2009-2010, na clásica Pedestre de Santiago, á que asistirán un bo número dos nosos atletas.


Clasificacións:

Pontevedra. Oficial aquí

Os nosos:

Ames. Oficial absoluta aquí
infantil-cadete aquí

Os nosos:





Fotos dos nosos:

[Amosar/Ocultar]
Fotos de Pontevedra
Grazas a Perez-Oso (Correr en Galicia):







Grazas a albertinho (Correr en Galicia):






Fotos de Ames
Grazas ao C. A. Bertamiráns:

Moisés (788)




Fotos grazas a mayucoira (Correr en Galicia): absoluta/ nenos










Grazas a marinela (Correr en Galicia): absoluta/nenos










Máis fotos destas carreiras no foro de Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo