luns, 1 de novembro de 2010

Atletismo: 33 Carreira Pedestre de Santiago

O pasado domingo tivo lugar a 33 Carreira Pedestre de Santiago, con nutrida participación de atletas do Noitebra: Shaila, Fran, Manolo, Nacho, Marcos S. e Marcos G., Félix, Pepe, Dani, Jaime, Jonal e Moncho, na carreira de adultos, e Moisés na carreira escolar.

Foto de boa parte dos integrantes do Noitebra que participaron na Pedestre

Non foi dos mellores dos días para correr xa que estivo a chover intermitentemente case todo o tempo, o cal complicaba incluso o tránsito por certos tramos do circuíto. Un percorrido na careira de adultos estimado en algo máis dos 12 km indicados a priori, endurecido polas variantes introducidas debido ás obras na zona de Galeras e Vista Alegre.

Percorrido da carreira de adultos


Percorrido da carreira escolar

En canto aos resultados, sen entrar xa a falar dos estratosféricos africanos (o primeiro fixo uns 35 minutos), os nosos foron chegando a meta todos moi consecutivamente, destacando nos seus comentarios a dureza da proba coa incorporación das costas de García Sabell-San Francisco e da zona do Auditorio de Galicia no percorrido, e o mal tempo que non axudou moito a gozar da proba e post-proba.

Moisés tomaba a saída ás 11.30 h. entre os máis de 2000 inscritos na categoría escolar para facer un circuíto de 7 km., distancia moi esixente para os nenos e máis aínda nun percorrido tan duro como o da Pedestre. O seus resultados foron moi bos quedando entre os 400 primeiros (máis de 1400 en total).

En definitiva, boa participación en termos xerais, aínda que menor con respecto a outros anos polo efecto de ter que pagar a inscrición. A organización aceptable, cunha praza ocupada en parte polas montaxes co motivo da visita do Papa.

E así rematou a tempada 2009-2010 na sección de atletismo, pero xa sen descanso iniciamos a tempada 2010-2011 coa participación en careiras no próximo mes. Pronto publicaremos o resume do que foi a tempada.


Clasificacións

Clasificacións El Correo Gallego

Os nosos:



Fotos e vídeos dos nosos na carreira

[Amosar/Ocultar]
Vídeos da chegada en corriendovoy.com:

Xa dispoñibles na web indicada


Fotos do Correo Gallego aquí









Fotos por Miguel:





Fotos grazas a sochas (Correr en Galicia):


Grazas a orbita (Correr en Galicia):






Grazas a marinela (Correr en Galicia)










Máis fotos destas carreiras no foro de Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo